CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
O obxecto deste programa é subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.
PROGRAMA DE PROMOCIÒN DA INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA
1. Este programa ten por obxecto incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade nas empresas ordinarias, coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.
2. Neste programa recóllense os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención pola contratación indefinida.
b) Subvención pola contratación indefinida de traballadores/as con discapacidade dun enclave laboral.
c) Subvención pola contratación temporal.
d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.
3. Ao abeiro da orde de convocatoria para o ano 2013, subvencionaranse contratacións que teñan data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2012 e o 30 de setembro de 2013, ambas inclusive.
4. Neste programa subvencionase a contratación a tempo completo e a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo. A contía das subvencións e os incentivos adicionais, se é o caso, será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
5. Os contratos e as transformacións de contratos temporais en indefinidos para que poidan ser obxecto de subvención deberanse formalizar e comunicar á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO, COMO MEDIDA DE FOMENTO DO EMPREGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO MERCADO ORDINARIO DE TRABALLO.