CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
ORDE do 19 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.
Obxecto:A presente orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia e convocalas para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva. As bases reguladoras publicaranse na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural (http://mediorural.xunta.es/).
Finalidade:Os fins que se pretenden acadar coa presente orde son os seguintes:
1) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
2) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
3) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:
1) As cooperativas agrarias que teñen como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola, en diante CUMA, sociedades agrarias de transformación, en diante SAT, que teñen como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9 da Lei 5/1998, do 18 de decembro (DOG nº 251, do 30 de decembro) de cooperativas de Galicia, así como outras agrupacións con personalidade xurídica propia, e soamente para investimentos directamente relacionados coa súa actividade: as comunidades de regantes, asociacións de viticultores en terreos con pendentes superiores ao 15 % e asociacións de faba e castaña

2) O resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestaren servizos aos seus socios.
3) As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT procedentes da fusión de, ao menos, dúas explotacións, nos 5 anos posteriores á súa constitución.

Prazo de solicitude: ata o 29 de maio