EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ANUNCIO DE CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE DUAS BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NA ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA, DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (2013 – 2014)
Obxecto: O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, unha axuda para licenciados/as en xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual de calquera universidade española, que desexen ampliar a súa formación práctica na Área de Emprego, Economía Sostible e Demografía, nalgunha das materias que son da competencia da Deputación Provincial de Lugo.
Presentación das solicitudes e prazo: A solicitude, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme ao modelo oficial que figura nos anexos I e III, dirixíndoa ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa, preferentemente no Rexistro Xeral da Deputación ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro e a Lei 4/99 de modificación da anterior, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. As solicitudes presentadas fóra de prazo, en ningún caso, serán admitidas para participar na convocatoria.