lunes, 28 de marzo de 2011

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Obxecto: convocatoria do Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención aos concellos do rural galego. Tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para asistencia técnica.
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Beneficiarios: as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011
Nota: Atender ao prazo establecido en cada unha das correspondentes liñas de axuda.