BANDO
D. JOSE LUIS COEDO NOVO, Alcalde-Presidente do Concello de AS NOGAIS (Lugo),
F A G O S A B E R:
· Que o Concello de As Nogais vai participar no PROGRAMA MAR ACHEGA que ten como obxectivo principal dar a coñecer os procedementos de comercialización dos produtos pesqueiros e marisqueiros que se desenvolven en Galicia, a través da programación de xornadas que constan de:
1.- Visita á unha lonxa e un porto
2.- Visita Cultural á localidade de destino
3.-Xantar-degustación con distintas receitas a base de produtos do mar que inclúe unha charla demostrativa a cargo dun cociñeiro profesional.
4.- Entrega aos participantes do folleto informativo e dun obsequio da xornada.
As visitas son totalmente gratuítas para os participantes (maiores de idade), todos aqueles que estean interesados en acudir deben inscribirse nas oficinas do Concello en horario de 9:00 á 15:00 horas. O prazo para facer as inscripcións remata o 25 de abril e as prazas son limitadas.
Dado en As Nogais, a 22 de marzo de 2011
O ALCALDE