martes, 7 de diciembre de 2010

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción 
SOLICITUDE

Obxecto: convocatoria de axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción, que teñen como finalidade:
- O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.
- A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.
- A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.
- A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.
Beneficiarios: organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 07/01/2011