BANDO
D. JOSE LUIS COEDO NOVO, Alcalde-Presidente do Concello de AS NOGAIS (Lugo),
F A G O S A B E R:
· Que se abriu o prazo para a presentación de solicitudes para o PROGRAMA DE TERMALISMO
Este programa vai dirixido ós pensionistas de xubilación e invalidez en todo caso, e para os pensionistas de viuvez e outras pensións no caso de ser maiores de 60 anos.
PRAZOS DE SOLICITUDE:
- Para os que desexen ir entre os meses de febreiro e agosto o prazo rematará o 17 de xaneiro de 2011.
- Para os que desexen ir entre os meses de setembro e decembro o prazo rematará o 16 de maio de 2011.
Para máis información achegarse ós Servizos Socias do Concello en horario de 9 a 15h de luns a venres.
Dado en As Nogais a 30 de decembro de 2010
O ALCALDE