CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
viernes, 19 de abril de 2024
PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR 2024
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE
AXUDAS ECONÓMICAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN 2024
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
jueves, 18 de abril de 2024
OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL
Convocamos a todas as persoas emprendedoras que están ou desexan iniciar un
negocio no medio rural de Galicia a participar no Obradoiro de
Emprendemento Cooperativo no Medio Rural que se desenvolverá ao longo de cinco
xornadas (martes pola mañá), comezando o día 7 de maio (martes) e rematando o 4
de xuño (martes) mediante videoconferencia. Nestas cinco
xornadas, trataremos de abordar en detalle aspectos como a adaptación a un
traballo no rural, como validar as ideas de negocio no rural, os aspectos
claves para emprender en cooperativas e as axudas ás que se pode aceder, como
realizar unha análise de viabilidade do proxecto para rematar avaliando as
novas oportunidades de negocio que se están a poñer en marcha no medio rural de
Galicia.
O Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas
que van a emprender unha actividade agrícola, gandeira ou florestal uns
coñecementos e unha información básica para que procedan a dar os pasos
económicos, produtivos e organizativos coa maior seguridade posible. É
necesario facilitar o emprendemento coa finalidade de que os proxectos se
consoliden e teñan éxito.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo, convocamos este Obradoiro
para tratar de informar, posibilitar, asesorar e orientar ás persoas con
interese en emprender no rural. Neste Obradoiro intervimos os técnicos de AGACA
que habitualmente acompañamos aos proxectos emprendedores, e que compartimos
cos mesmos os coñecementos que temos dos mercados e as súas tendencias, as
axudas públicas, os aspectos organizativos claves, etc… Achegamos programa
previsto.
Para poder asistir e participar no Obradoiro de
Emprendemento Cooperativo no Medio Rural é preciso inscribirse previamente no
seguinte enlace
https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZ0tfuihrDoiGt2LzQrqdYFtY6Y8ewmF9gZX#/registration
SERVIZOS DE ASESORÍA A COOPERATIVAS, CUMAS E SATS
Servizos de Asesoría a COOPERATIVAS, CUMAS e SATs nas áreas fiscal, contable, laboral e administrativa, ás entidades situadas en calquera lugar da nosa Comunidade Autónoma.
Ofrecemos
servizos de orientación, asesoramento e tramitación de subvencións para o
acompañamento das empresas e asociacións, dende a súa constitución ata a
posible disolución e liquidación. Estamos especializados no sector
agroalimentario e gandeiro, así como no resto de empresas doutros sectores,
especialmente en sociedades cooperativas (de toda clase: agrarias, de traballo
asociado, de explotación comunitaria da terra, de consumidores e usuarios, de
servizos, …), cumas de maquinaria agrícola e sats agrícolas e gandeiras. Tamén
prestamos apoios ás entidades da Economía Social, especialmente as Comunidade
de Montes Veciñáis e ás Asociacións de Veciños, ou ás Asociación Profesionais
e/ou Sectoriais vinculadas cunha profesión ou sector produtivo concreto. As
entidades colectivas tamén necesitan dunha xestión profesional e cercana aos
responsables e dirixentes.
Coñecemos a
súa fiscalidade singular, os aspectos administrativos e legais de xestión, os
sistemas e obrigas dos diferentes rexistros, as obrigas de actualización á
lexislación e procedimentos, así como os trámites para a constitución,
renovación de cargos, para afrontar problemas sociais, disolución e
liquidación. Prestamos apoios en todo tipo de axudas, pero especialmente ás que
regularmente poden beneficiar a este tipo de entidades, e mantemos un servizo
de información constante de axudas vixentes de interese das entidades
asesoradas.
Somos un
equipo de persoas asesoras altamente cualificado, en continua formación e cunha
dilatada experiencia, garantindo a calidade en todas as áreas dentro da
estrutura interna de cada empresa e asociación. O noso obxectivo é a seguridade
e confianza dos nosos clientes, que fan de AGACA un asesor moi apreciado no
sector agrario e gandeiro durante os máis de 30 anos de servizos prestados e
miles de asesoramentos realizados.
Ademais, Agaca conta co departamento de seguros onde destacamos na
profesionalidade e calidade do servizo.
Póñase en
contacto connosco nos teléfonos 982 201514 de Lugo, no 988 242480 de Ourense,
no 981 584783 de Santiago, ou veña a visitarnos en Poeta Noriega Varela, 30 Ent
A da cidade de Lugo e cóntenos as súas necesidades de apoio, asesoramento e
acompañamento. E se vostedes o consideran oportuno, comenzaremos os
trámites necesarios para dar apoio á xestión integral da súa empresa,
comunidade ou asociación.
Ter un
asesoramento que coñeza o tipo de entidades axudará a resolver problemas e
avanzar.
XORNADA DE PRODUCCION DE COGOMELOS
A busca de alternativas produtivas agroforestais en Galicia e a súa posible cooperativización é unha inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias e o tecido emprendedor no rural galego. É necesario facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para as persoas do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agroforestais complementarias ás tradicionais actividades silvopastorís.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo,
convocamos a Xornada de PRODUCIÓN DE
COGOMELOS que se desenvolverá online o día 26 de abril. Esta Xornada é para
tratar de informar, posibilitar, asesorar e orientar ás persoas con producións
e/ou inquedanzas nesta actividade coa finalidade de obter ingresos económicos
da mesma de xeito que sexa unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou
mesmo para complementar ingresos de actividades que xa están a desenvolver no
mesmo. Na Xornada interveñen expertos neste ámbito, e mesmo persoas que nos
contarán a súa experiencia na produción de cogomelos: mercados, tendencias,
tratamento de enfermidades, axudas e apoios, aspectos técnicos, …. Achegamos
programa previsto.
Para poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN
DE COGOMELOS é preciso inscribirse previamente no seguinte enlace
https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZMlde2trDwoH9Q4eqblRBX2YAa8rgMYAgLo#/registration
¡Fáganlle chegar esta
información sobre a Xornada ás persoas que vostedes coñezan
potencialmente interesadas nesta actividade!
SUBVENCIÓNS ÁS GALERÍAS DE ARTE PARA A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS E MERCADOS DE ARTE FÓRA DE GALICIA 2024
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
