miércoles, 3 de mayo de 2017

MODIFICACIÓN.- AXUDAS A EMPRESAS QUE REALICEN PUBLICACIÓNS ESCRITAS INTEGRAMENTE EN GALEGO

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS Á APICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 26 de abril de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 17 de marzo de 2017, pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2017.

Artigo único
1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas á apicultura convocadas para o ano 2017, de acordo coa Orde do 17 de marzo de 2017 (DOG núm. 61, do 28 de marzo), increméntase no importe de setenta e nove mil setecentos noventa euros con vinte e cinco céntimos (79.790,25 €) na aplicación orzamentaria 13.03.713E.770.2.
2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.
3. A ampliación prevista no artigo único desta orde non afecta ao prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 17 de marzo de 2017.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

CORRECCIÓN DE ERROS.- ORDEN POLA QUE SE REGULA A APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL, A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras, para o ano 2017, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes e micropemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarias
As empresas solicitantes da liña I (RSE) poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que for a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentaren a solicitude de axuda.
As empresas solicitantes da liña II (igualdade) e III (conciliación) poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas con traballadores/as por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que for a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentaren a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 10 persoas traballadoras. Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia, que deberán ter contratado nesta Comunidade Autónoma un mínimo de 10 persoas.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. A resolución ten por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas que, estando debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten, realicen a súa actividade informativa orientada a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura, e efectuar a convocatoria para o ano 2017.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Beneficiarias
1. De acordo co establecido no Decreto 71/1999, do 18 de marzo, as beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións que cumpran co obxecto destas axudas e co resto de requisitos establecidos nesta resolución.
2. As empresas beneficiarias deben acreditar un cadro medio de traballadores en alta de polo menos cinco traballadores e elaborar e difundir toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da comunidade autónoma no ano natural anterior ao da convocatoria.
3. Quedan excluídos da concesión de axudas:
a) Os boletíns interiores de institucións, as publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.
b) As empresas que emitan a través do sinal de televisión.
c) As que, ao longo do ano anterior ao da convocatoria, incluísen publicidade que non se ateña ao disposto no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, en materia de toponimia.
d) As empresas radiofónicas cun modelo de programación secuencial e repetitivo, en que as súas emisións se baseen en contidos musicais.
e) As entidades sen personalidade xurídica e/ou sen ánimo de lucro.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

martes, 2 de mayo de 2017

MODIFICACIÓN PRAZO PRESENTACION SOLICITUDES AXUDAS PARA APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA OS AGRICULTORES MOZOS E PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Artigo 1. Ampliación do prazo de solicitude da axuda
Amplíase o prazo de presentación das solicitudes ata o día 15 de maio, incluído.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde producirá efectos desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.- ORDE POLA QUE SE REGULA A APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS OA DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Artigo único
Acórdase modificar o artigo 10.2 da Orde do 31 de xaneiro de 2017 e ampliar o prazo para a presentación en Galicia da solicitude única de axudas da PAC do 2017 que concluirá o 15 de maio de 2017, incluído.