martes, 15 de octubre de 2019

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN POSDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DE GALICIA, NOR ORGANISMOS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN DE GALICIA E ENTIDADES DO SISTEMA DE I+D+I GALEGO


Obxecto
Outorgar axudas a aquelas entidades que obtiveron un contrato posdoutoral no ano 2016 da modalidade A a través da Gain e que, por circunstancias especiais, previstas no artigo 16 das bases da Orde do 18 de febreiro de 2016 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), se lles concedeu un aprazamento da avaliación, o que determinou que non puidesen concorrer á convocatoria realizada pola Orde do 28 de maio de 2019 por non ter finalizado o antedito contrato.
O obxectivo é dar continuidade á súa carreira investigadora, mediante un contrato de dous anos de duración, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades que obtiveron unha axuda posdoutoral no ano 2016, modalidade A, a través da Gain, sempre que contraten as persoas seleccionadas que, por circunstancias especiais, lles foi concedido un aprazamento na avaliación, e que, na data de peche do prazo de presentación de solicitudes, acadasen unha avaliación positiva na modalidade A e completasen o dito programa. As citadas persoas seleccionadas quedarán vinculadas á dita entidade a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.