CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
ORDE do 23 de agosto de 2018 pola que se establecen condicións de xustificación e pagamento das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.
Artigo único. Xustificación e pagamento das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017
As axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 xustificaranse de conformidade co establecido na Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.
Se o investimento xustificado for menor á contía solicitada, e sempre que se cumpra coa finalidade para a cal se concedeu a subvención, corresponderá igualmente o pagamento do importe concedido, sempre que a contía xustificada sexa igual ou superior a este.
O prazo de execución e xustificación prorrógase ata o 30 de novembro de 2018.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.