UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Oferta de emprego público do persoal docente e investigador da Universidade da Coruña para o ano 2018
1. Sistema de acceso libre.
1.1. Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios.
Corpo Número de prazas
Profesor/a titular de Universidade 20
Catro das prazas resérvanse para persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e dispoña da certificación I3
1.2. Persoal docente e investigador contratado.
Categoría Número de prazas
Profesor/a contratado/a doutor/a 10
Unha das prazas resérvanse para persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e dispoña da certificación I3
1.3. Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios con praza vinculada no Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Con data do 20 de febreiro de 2018 a Xerencia do Servizo Galego de Saúde comunicou a cesión á Universidade da Coruña de 3 prazas da taxa de reposición correspondente ao exercicio 2018 do ámbito sanitario do Sergas, para os efectos da convocatoria de prazas de corpos docentes universitarios vinculadas a prazas asistenciais de facultativos do Servizo Galego de Saúde, cesión acordada pola Comisión Mixta do concerto entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña na sesión celebrada o 20 de xuño de 2016.
Categoría Número de prazas
Profesor/a titular de universidade con praza vinculada no Sergas 3
2. Sistema de acceso promoción interna.
En aplicación do disposto na disposición final segunda do Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, que modifica o artigo 62.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, inclúense na OEP para o ano 2018 as seguintes prazas polo procedemento de promoción interna:
Corpo Número de prazas
Catedrático/a de universidade 23