CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
ACORDO:
Artigo 1. Modificación da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual
Modifícase a Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual, nos termos que se recollen a seguir:
Un. Engádense dous números ao artigo 11:
4. O cómputo dos ingresos para a concesión da prórroga do Programa do bono de alugueiro social realizarase conforme o establecido no artigo 4 desta orde.
5. A comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento de prórroga efectuarase de conformidade co previsto no artigo 10 desta orde.
Dous. O anexo V da Orde do 15 de decembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia do 10 de xaneiro de 2018, substitúese polo anexo que se xunta a esta orde.
Disposición transitoria única. Réxime das prórrogas
As disposicións desta orde aplicaranse a todas as solicitudes de prórroga deste programa, con independencia do ano da convocatoria en que se fundamente a súa concesión.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.