CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
Convocatoria
Convócanse para o ano 2016 as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución.
Calendario
No ano 2016 realizaranse nove convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:
Convocatoria Datas de realización Prazo de inscrición
1ª 20.1.2016 a 3.2.2016 23.11.2015 a 30.12.2015
2ª 24.2.2016 a 9.3.2016 31.12.2015 a 5.2.2016
3ª 6.4.2016 a 20.4.2016 6.2.2016 a 18.3.2016
4ª 18.5.2016 a 1.6.2016 19.3.2016 a 29.4.2016
5ª 22.6.2016 a 6.7.2016 30.4.2016 a 3.6.2016
6ª 27.7.2016 a 10.8.2016 04.6.2016 a 8.7.2016
7ª 14.9.2016 a 28.9.2016 09.7.2016 a 26.8.2016
8ª 2.11.2016 a 16.11.2016 27.8.2016 a 14.10.2016
9ª
7.12.2016 a 21.12.2016 15.10.2016 a 18.11.2016
Inscrición
Para inscribirse ás probas será necesario presentar, dentro do prazo previsto no punto anterior, unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución, xunto co impreso de autoliquidación de taxas polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 29 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.