AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Obxecto: Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da promoción, comercialización e exhibición da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.
Beneficiarios e requisitos: Poderán optar a estas axudas todas as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción no eido audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables na cláusula seguinte.
En calquera caso, a consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan do seu carácter cultural, ás condicións económico-financeiras do proxecto e ás do seu impacto na actividade cultural da comunidade autónoma.
Só poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual.
Prazo de solicitude: ata o 24 de outubro de 2014.