CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR
Obxecto: establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións da Consellería de Medio Rural e do Mar para os investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios e forestais para o periodo 2007-2013 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e convocar ás correspondentes ao exercicio orzamentario 2014.
Beneficiarios: poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas, que teñan unha actividade económica, sexan titulares das instalacións obxecto de axuda, e sobre as cales recaiga a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As corporacións locais non poderán ser beneficiarias destas axudas.
Prazo de solicitude: ata o 27 de xaneiro.