lunes, 23 de septiembre de 2013

PROGRAMA BONOS DE INNOVACIÓN

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Convocatoria e bases reguladoras 
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases do Programa bonos de innovación (incluídas nos anexos I e II), polas que se rexerá a concesión de incentivos en forma de bonos ás pemes galegas para a preparación de propostas a convocatorias nacionais e internacionais de I+D+i a través da contratación de axentes intermedios homologados para o dito servizo.
Segundo o ámbito de aplicación, diferenciaranse dous tipos de incentivos ou bonos:
– Bonos nacionais: para a preparación de propostas a convocatorias nacionais de proxectos de I+D+i en cooperación a través da contratación de axentes intermedios homologados pola Axencia Galega de Innovación para a prestación deste servizo. Para que estas propostas poidan ser apoiadas deberán ser seleccionadas para o seu financiamento polo organismo nacional a que se presentaron e non contar a dita convocatoria nacional co cofinanciamento autonómico.
– Bonos internacionais: para a preparación de propostas a convocatorias internacionais de I+D+i a través da contratación de axentes intermedios homologados pola Axencia Galega de Innovación para a prestación deste servizo. Neste caso, as propostas deberán obter unha boa valoración do organismo internacional a que se presentaron. Isto comprobarase a través da superación dos limiares de valoración establecidos na propia convocatoria internacional.
Atendendo a unha valoración do servizo prestado polo axente intermedio en función da súa dedicación, as contías dos bonos, fixadas na táboa I do anexo II, dependerán do tipo de proxecto que se preparou, do papel desenvolvido pola peme dentro do consorcio e do resultado obtido no programa de financiamento a que se presentou a proposta.
2. Así mesmo, por medio desta orde:
– Defínese o procedemento polo que as entidades interesadas poderán solicitar a súa 
homologación como axentes intermedios do Programa bonos de innovación (código de 
procedemento IN851A) para cada un dos tipos de ámbitos previstos, nacional e internacional, e ábrese o prazo para solicitar a súa homologación e adhesión ao Programa, sempre 
que se cumpran os requisitos establecidos no anexo I.
– Convócanse as devanditas axudas con carácter plurianual e aberto ata o esgotamento dos fondos asignados ao Programa para a preparación de proxectos que se inicien con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013.
O procedemento de concesión destas axudas (código de procedemento IN851B) tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis. Estas axudas poderán ser susceptibles de ser cofinanciadas con fondos procedentes do fondo nacional Euroingenio.