INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2013, do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se procede á convocatoria pública das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas ás persoas titulares das vivendas arrendadas no marco do Programa Aluga no exercicio 2013.
Obxecto1. Esta resolución ten por obxecto proceder á convocatoria no exercicio 2013, en réxime de concorrencia non competitiva, das seguintes liñas de axuda:
a) Subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas, regulada nos artigos 38 a 41 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.
b) Subvención de gastos derivados do alugamento, regulada nos artigos 38 e 42 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.
2. Esta convocatoria tamén será de aplicación ás solicitudes de axuda presentadas ao abeiro do establecido nas disposicións transitorias segunda e terceira do Decreto 84/2010, do 27 de maio, así como na disposición adicional quinta do citado decreto.
Subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas BeneficiariosSerán beneficiarias da subvención de obras e actuacións de reforma as persoas físicas titulares dunha vivenda arrendada no marco do Programa Aluga, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos no artigo 38 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, e se trate de obras subvencionables de acordo co establecido no seu artigo 39. Tamén poderán optar a esta modalidade de axuda as persoas xurídicas nos supostos previstos nas disposicións transitorias segunda e terceira do citado decreto.
Prazo de presentaciónAs solicitudes deberán presentarse entre a data de formalización do primeiro contrato de arrendamento e o día 15 do mes seguinte.
Subvención de gastos derivados do alugamento.BeneficiariasSerán beneficiarias da subvención de gastos derivados do alugamento as persoas físicas que sexan titulares dunha vivenda arrendada no marco do Programa Aluga no ano 2012, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos no artigo 38 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.
Prazo de presentaciónO prazo de presentación das solicitudes desta subvención estenderase desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de xullo de 2013.