Obxecto: Convocar de 75 bolsas de prácticas, en réxime de concorrencia competitiva, en unidades dependentes da Consellería do Medio Rural e en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, distribuídas da seguinte maneira:
-10 bolsas de formación de tecnólogos, coa seguinte repartición por titulacións: 2 bolsas para licenciados en enoloxía, 2 bolsas para licenciados en ciencias químicas, 2 bolsas para licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos, 2 bolsas para enxeñeiros agrónomos e 2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas.
-15 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación coa seguinte repartición: 2 bolsas para o ciclo superior de industria alimentaria, 3 bolsas para o ciclo medio de elaboración de viño e outras bebidas, 2 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou superior da familia agraria e 8 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou superior da familia química.
-9 bolsas de prácticas ás que poderán optar estudantes do 2º curso ou recentemente titulados en ciclos da familia agraria e 6 bolsas de prácticas para os alumnos do primeiro curso dos ciclos da familia agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal, dependentes da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, da Consellería do Medio Rural.
-35 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Consellería do Medio Rural, para os recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en veterinaria, licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e licenciados en bioloxía.
Duración e contía económica.1. As bolsas para a formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación terán unha duración de cinco meses, no período de xuño a novembro, salvo renuncia ou incumprimento dos beneficiarios. O seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 euros para os tecnólogos e de 800 euros para o persoal de apoio.
2. As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal para os titulados e alumnos de segundo curso en ensinanzas de formación profesional, terán unha duración de tres meses, no período de agosto a novembro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 800 euros. As de alumnos do primeiro curso do ciclo formativo terán unha duración de 2 meses, durante agosto e setembro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 600 euros.
3. As bolsas de prácticas para os recentemente titulados en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Consellería do Medio Rural, terán unha duración de tres meses, no período de xullo a novembro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 euros.
4. No caso de que o número de solicitudes admitidas fose inferior ao de bolsas convocadas para algunha das categorías ou titulacións recollidas nesta orde, poderase ampliar a oferta das outras sempre que non se modifique o montante global orzamentado.

Beneficiarios:1. Poderán solicitar as bolsas para a formación de tecnólogos e de persoal de apoio á investigación os recentemente titulados nas especialidades e para os destinos que se relacionan no anexo I desta orde.
2. As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal que se relacionan no anexo I para estudantes en ensinanzas de formación profesional agraria, reguladas por esta orde, poderán ser solicitadas por alumnos que durante o curso 2009-2010 estean realizando ensinanzas profesionais dos ciclos medio ou superior nalgún dos centros de formación e experimentación agroforestal da Consellería do Medio Rural, ou en calquera outro dos que figuran como autorizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na súa oferta educativa da familia agraria. Tamén poderán solicitar estas bolsas os recentemente titulados en ciclos da familia agraria.
3. As bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Consellería do Medio Rural, poderán ser solicitadas por enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en veterinaria, licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e licenciados en bioloxía.
Requisitos:-Para todas as categorías de bolsas entenderase por recentemente titulado aquela persoa que obtivese a titulación entre o mes de xuño do ano 2009 e a data de remate do prazo de presentación de solicitudes destas bolsas.
-Estas bolsas son incompatibles con calquera outra e co traballo remunerado de carácter fixo ou temporal durante o seu periodo de duración.