viernes, 18 de noviembre de 2022

SUBVENCIÓNS PAA AMPLIAR E DIVERSIFICAR A OFERTA CULTURAL EN ÁREAS NON URBANAS TERRITORIO CULTURA

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404F).

Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e convocalas para o ano 2023 (código de procedemento CT404F).

Persoas beneficiarias
Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas.
Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependente, segundo o artigo 85 da Lei 7/1985, de calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS A PEMES, AUTÓNOMOS, ASOCIACIÓNS E FUNDACIÓNS DE GALICIA PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS DESTINADAS Á PREPARACIÓN PARA A REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS TÉXTILES RECOLLIDOS SEPARADAMENTE

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 10 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975L).

miércoles, 16 de noviembre de 2022

INFORMACION XUVENIL

 


A Xunta premia o talento musical de Lara Álvarez Álvarez, de Redondela, e do vigués Brais Fernández Pombo

 

A Xunta premia o talento musical de Lara Álvarez Álvarez, de Redondela, e do vigués Brais Fernández Pombo

 

 

A Xunta galardoa as mellores pezas teatrais do Xuventude Crea 2022

 

Xuventude galardoa as mellores pezas teatrais do Xuventude Crea 2022

 



 


Xuventude Crea Museo

 

 


 

Prazas para o próximo curso

Prazas para o próximo curso

 

 

Mocidade e Racismo. Estudo sobre as percepcións e actitudes racistas e xenófobas entre a poboación nova de España

Mocidade e Racismo

 

Voluntariado Europeo: Seminario Informativo en A Coruña

Voluntariado Europeo: Seminario Informativo en A Coruña

Proxecto inclusivo no Conservatorio da Coruña para alumnado con necesidades educativas especiais

 




Sesión online Europass - Erasmus + Career Day

 

 

Curso en Outeiro de Rei de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Bulideira

 

Curso en Outeiro de Rei de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Bulideira

 

 

Curso en Vilanova de Arousa de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Barlovento

 

Curso en Vilanova de Arousa de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Barlovento

 

Curso en Santiago de Compostela de Monitor/a de ocio e tempo libre da ETL Fesán

 

Curso en Santiago de Compostela de Monitor/a de ocio e tempo libre da ETL Fesán

Curso na Pobra do Caramiñal de Monitor/a de ocio e tempo libre da ETL Academia Elisa

Curso na Pobra do Caramiñal de Monitor/a de ocio e tempo libre da ETL Academia Elisa

 






Curso de dirección de actividades de tiempo libre, en Teis, Vigo

  

 

Coñeces a angustia? - Respostas da información xuvenil á saúde mental”

 

Coñeces a angustia? - Respostas da información xuvenil á saúde mental”

Asesoramento gratuíto para persoas autónomas, emprendedoras e empresas

Asesoramento gratuíto para persoas autónomas, emprendedoras e empresas

 

Curso gratuíto de Marketing e Compravenda Internacional

Curso gratuíto de Marketing e Compravenda Internacional

 


 

Programación de outono nos Espazos Xoves

 Programación de outono nos Espazos Xoves

  



Nocturnia Outono 2022

 

Nocturnia Outono 2022 na Coruña




 

Boletín de bolsas, axudas e subvencións

Boletín de bolsas

 

 

Bolsas Bogliasco (Italia)

 

Bolsas Bogliasco (Italia)

 

Programa europeo de intercambios para mocidade emprendedora

Programa europeo de intercambios para mocidade emprendedora

 


Musigal, catálogo de grupos musicais profesionais

 

Musigal, catálogo de grupos musicais profesionais

 



“Marchando para Arzúa” de Paula Francos Anllo

 

Concurso do cartel anunciador da 48ª festa do queixo de Arzúa 2023

 

Concurso de ensaio Obxectivo África

Concurso de ensaio Obxectivo África

 

XLVIII Certame Literario María Agustina

XLVIII Certame Literario María Agustina

 

Premio Lazarillo Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado

Premio Lazarillo Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado

 

Concurso de Fotografía "Brindar unha luz á mocidade con discapacidade"

Concurso de Fotografía "Brindar unha luz á mocidade con discapacidade"

 








Concurso de Creación Literaria "Pallars Sobirà" Pirineos

  


  Ofertas de emprego


martes, 15 de noviembre de 2022

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS EN ECOINNOVACIÓN E DIXITALIZACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA

 AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento IN500C e IN500D).

AMPLIACIÓN PRAZO XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á 2ª TRANSFORMACIÓN DAS PEMES DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT.

 AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).

AXUDAS A CLÚSTERES EMERXENTES

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG410A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto o fomento da cooperación para a competitividade e a innovación empresarial en distintos ámbitos de interese para a actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais innovadoras emerxentes galegas (clústeres emerxentes) para a posta en marcha do clúster emerxente, cofinanciando a elaboración do seu primeiro plan estratéxico ou a posta en marcha de iniciativas prioritarias contidas nese primeiro plan estratéxico, no caso de que fose elaborado con anterioridade.

Entidades beneficiarias
1. As axudas recollidas nestas bases destínanse ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes galegas (clústeres emerxentes), que cumpran as seguintes condicións:
a) Que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster, cunha antigüidade inferior a tres anos á data de solicitude da axuda e domicilio social en Galicia.
b) Que representen unha cadea de valor arredor dun sector de actividade eminentemente industrial ou ben que representen un agrupamento transversal (por tecnoloxía ou por mercado obxectivo) que teña impacto na dixitalización ou na sustentabilidade do tecido empresarial.
c) Que, en calquera das dúas posibilidades anteriores, representen un subconxunto da actividade empresarial galega cuxa facturación conxunta en Galicia supere o valor do 1 % no PIB da Comunidade Autónoma no ano 2021.
d) Que cando menos o 60 % dos seus asociados directos iniciais sexan empresas e, destas, que o 50 % ou máis dispoñan dun centro de traballo en Galicia.
e) Proxección internacional. O ámbito de actividade do clúster deberá ter vocación e proxección cara a mercados internacionais pola súa propia natureza e non representar un negocio de proximidade ou local.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o prazo dun mes.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS POR DANOS NAS EXPLOTACIÓNS FORESTAIS, AGRÍCOLAS OU GANDEIRAS PARA A REPARACIÓN DOS DANOS CAUSADOS POR DETERMINADAS ESPECIES DE FAUNA SILVESTR 2022

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 11 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR616A e MR616C).