martes, 24 de mayo de 2022

AXUDAS Á COLABORACIÓN NO FINANCIAMENTO DE INTERVENCIÓNS ARQUEOLÓXICAS PARA 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT104B).

Finalidade

A concesión de axudas, polo procedemento abreviado de concorrencia non competitiva, aos promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, nos casos en que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, en concepto de colaboración no financiamento do custo da execución do proxecto arqueolóxico realizado de acordo cos requisitos establecidos nos artigos 96 e 97 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Persoas beneficiarias
Empresarios (persoas físicas ou xurídicas) e as persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas comprendidas no ámbito da presente orde, desenvoltas en bens inmobles de titularidade privada, sempre que non se atopen en ningún dos supostos dos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que as actuacións arqueolóxicas estean autorizadas e fosen realizadas desde o ano 2016 en diante e estean finalizadas na data de publicación da presente orde.
b) Que as actuacións se desenvolvesen conforme os proxectos arqueolóxicos presentados e se cumprisen as obrigas de responsabilidade da dirección de acordo co establecido no Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que se acredite a presentación e a entrega dos correspondentes informes valorativos ou das memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais de acordo co citado Decreto 199/1997.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 23 de mayo de 2022

BOLSAS EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

 CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2022 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras e as condicións que deben reunir as persoas solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao en Comunicación, Humanidades e Ciencias Sociais, Documentación ou outras titulacións equivalentes e que rematasen os seus estudos no curso académico 2011-2012 ou posterior.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

USO DE INSTALACIÓNS XUVENÍS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE LECER EDUCATIVO E TEMPO LIBRE DURANTE A CAMPAÑA DE VERÁN 2022


 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 12 de maio de 2022 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2022 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Obxecto
A Consellería de Política Social convoca a presente oferta do uso das súas instalacións xuvenís para a Campaña de verán 2022, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I (código de procedemento BS304A).

Servizos ofertados e duración das quendas
O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:
a) Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
b) Do material, excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación e que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
c) Xerencia e persoal de servizos de restauración e limpeza das ditas instalacións.
O primeiro servizo de alimentación será o xantar do día da incorporación e o último será o xantar do último día de estadía concedida.
Os custos de traslado ata o centro da instalación xuvenil, tanto o día de chegada como o de saída, serán por conta da entidade ou grupo destinatario. No caso da Illa de Ons tampouco está incluído no prezo o traslado en barco ata a illa.
A duración das quendas e as instalacións ofertadas serán as recollidas no anexo I.

Entidades e grupos destinatarios
Poderán solicitar o uso das instalacións de referencia:
a) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
b) Os consellos locais e municipais de xuventude.
c) As corporacións locais.
d) Outras entidades públicas ou privadas debidamente constituídas que realicen actividades coa xuventude.
e) Os grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para a realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como destinatario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.

Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes dos grupos de persoas mozas non asociadas presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as demais entidades establecidas no artigo 3.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Os grupos de persoas mozas, non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. No caso da solicitude de instalacións para o desenvolvemento de actividades de tempo libre, no número de prazas solicitadas polas entidades e/ou grupos relacionados no artigo 3 incluiranse as correspondentes ás persoas integrantes do equipo de animación. Así mesmo, incluiranse, na devandita solicitude, as persoas que acompañen as persoas mozas en calidade de responsables destas ou outro persoal que vaia estar na instalación durante o período solicitado.
3. O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2022

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300C).

Obxecto
A concesión de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal.

Persoas beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma, que non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea no Regulamento da Unión Europea 651/2014 (DOUE 187, do 26 de xuño), teñan un número de empregados/as igual ou inferior a vinte (20), incluídas as persoas en situación de autoemprego.
c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo establecido para a presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 20 de mayo de 2022

INFORMACION XUVENIL: SEMANA DO 14 AO 20 DE MAIO

 





 

Aberta a convocatoria de Campamentos e Campos de Voluntariado.

Proximamente abrirase Minicampamentos e a cesión de instalacións de Xuventude:

 

 

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

 



 

 





Segue aberto o prazo para Inciativa Xove



Campamentos de Política Social exclusivamente para persoas con discapacidade:

 





 



Xa están as datas e quendas:



 

 


 

 




http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico


PRÓRROGA ORDE 16 DE NOVEMBRO 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS NO QUE SE REFIRE AOS CENTROS HOSPITALARIOS, E A ORDE 14 DE DECEMBRO DE 2021 NO QUE SE REFIRE AOS CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS DE MAIORES E DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 16 de maio de 2022 pola que se prorrogan a Orde do 16 de novembro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire aos centros hospitalarios, e a Orde do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos, no que se refire aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade.

AMPLIACIÓN PRAZO XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA PARA 2021-2022

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2022 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 25 da Resolución do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2021-2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421S).