jueves, 6 de octubre de 2011

BOLSAS DE FORMACIÓN NO PARLAMENTO DE GALICIA

PARLAMENTO DE GALICIA
A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión de 20 de setembro de 2011, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas todas coa actividade da institución:
– 5 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
– 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
– 1 bolsa de formación en publicacións.
– 2 bolsas de formación en informática.
– 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
As bases están dispoñibles no BOPG n.º 546, do 26 de setembro de 2011, e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es).
As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais desde o seguin­te ao desta publicación.

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

ENLACES RELACIONADOS:

FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DO COOPERATIVISMO

XORNADA: “ACCIÓNS DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DO COOPERATIVISMO MEDIANTE A PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN “
 
Organiza

A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha novas edicións dos cursos de formación e divulgación do cooperativismo a través da plataforma de teleformación do Consello Galego de Cooperativas. As accións formativas desenvolveranse de outubro de 2011 a xuño de 2012 e son totalmente gratuítas.
Obxecto
O obxectivo principal destas accións formativas é achegar, mediante as tecnoloxías da información e a comunicación, unha formación empresarial cooperativa de calidade, actualizada e interactiva, que versará sobre distintas temáticas: divulgación cooperativa, habilidades sociais, igualdade de oportunidades, responsabilidade social, así como ferramentas de xestión empresarial adaptadas ó eido cooperativo.
Destinatario
As accións formativas diríxense prioritariamente ás persoas socias e/ou traballadoras de cooperativas pero tamén a calquera persoa interesada nesta formación.
Cursos
-Dez edicións do curso Formación cooperativa básica, de 30 horas de duración.
-Cinco edicións do curso Formación cooperativa en xestión e dirección, de 50 horas de duración.
-Dez edicións do curso Habilidades sociais básicas en cooperativas, de 30 horas de duración.
-Cinco edicións do curso Habilidades sociais en cooperativas: nivel avanzado, de 50 horas de duración.
-Dez edicións do curso Marketing/comercialización de produtos/servizos, de 15 horas de duración.
-Dez edicións do curso Responsabilidade social das cooperativas, de 15 horas de duración.
-Dez edicións do curso Planeamento estratéxico, de 15 horas de duración.
-Dez edicións do curso Muller, cooperativismo e igualdade de xénero, de 15 horas de duración.
 Datas
De outubro de 2011 a xuño de 2012
Lugar
As persoas interesadas en participar nos cursos poden formalizar a inscrición en http://www.teleformacioncooperativa.com/, ou ben a través do Consello Galego de Cooperativas, na web http://www.cooperativasdegalicia.com/ e no teléfono
881 999 268.
Máis información
Tlf: 881 999 268
http://www.teleformacioncooperativa.com/

miércoles, 5 de octubre de 2011

XII CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (Ano 2011)

Organiza
Universidade de Santiago de Compostela
Obxecto
O “XII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC” ten por obxecto premiar a aqueles emprendedores e emprendedoras que presenten proxectos de empresa innovadores.
Destinatario
O concurso vai dirixido a toda a comunidade universitaria (estudantes, titulados e tituladas, doutorandos e doutorandas, PAS, etc.) de calquera das universidades galegas.
Datas
O prazo de presentación vai desde o día 1 de outubro ata o 30 de novembro de 2011 ás 14.00 horas.
Notas
Outorgaranse os seguintes premios:
PREMIOS BASE TECNOLÓXICA:-       Primeiro premio: 5.000 euros + ata 24.000 € de financiamento      mediante préstamo  participativo
-       Segundo premio: 3.000 euros
PREMIOS EMPRESA XOVE: -       Primeiro premio: 2.500 euros
-       Segundo premio: 1.500 euros
PREMIO MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros
Máis información
UNIEMPRENDETel. 881 815559 (Santiago de Compostela)
Tel. 982 822860 (Lugo)
uniemprende@usc.es 
http://www.uniemprende.es/

martes, 4 de octubre de 2011

PROGRAMA BIC I-TEAMS

 Organiza
BIC Galicia
Obxecto
BIC I-TEAMS é un Programa especificamente deseñado para axudar a innovar ás empresas de recente creación, mediante a definición dunha carteira de proxectos de innovación e a concreción dun proxecto específico, en forma dunha nova proposta de produto ou servizo innovador.
Trátase de introducir a cultura innovadora no ADN das iniciativas dos emprendedores galegos, por medio da conxugación da estratexia de innovación coas demandas reais dos mercados de novos servizos e produtos que cubran as necesidades actuais, ensinando ás empresas a aportar valor e a asumir riscos controlados, ofrecéndolles formación práctica en metodoloxías e asesoramento experto.
Destinatario
As pymes galegas e posibles emprendedores. que busquen a re-definición ou a mellora da oferta de produtos ou servizos das súas empresas para adaptala ás esixencias do mercadoe teñen que cumprir  os seguintes requisitos:
É de recente creación: ten menos de 48 meses.
É de base tecnolóxica ou de coñecemento.
Coa combinación dun enfoque de formación práctica co asesoramento externo, pódense xerar resultados en forma dunha nova carteira de proxectos, e un proxecto específico de innovación, nun período de tempo reducido (menor de 3 meses).
Datas
4 de outubro LUGO
10 de outubro SANTIAGO
11 de outubro OURENSE
13 de outubro VIGO
Horario
De 11:00 a 13:30 horas
Máis información
 BIC I-TEAMS
Tlf: 981 546 813 - Fax: 981 546 832 –
E-mail:
iteams@bicgalicia.es

jueves, 29 de septiembre de 2011

BOLSA DE FORMACIÓN NO INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA (IGE)

Obxecto: convocatoria dunha bolsa de formación na área de estatística pública no Instituto Galego de Estatística.
Beneficiarios: Persoas con grao ou titulación equivalente en matemáticas (con orientación currricular en estatística e investigación operativa) ou en economía.
Prazo de presentación: ata o 26 de outubro de 2011.

Máis información no Dog do 26 de setembro de 2011

jueves, 22 de septiembre de 2011

AMPLIACIÓN PLAN RENOVE EQUIPOS ILUMINACIÓN INTERIOR


Obxecto: É obxecto desta resolución a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de equipamentos de iluminación interior existentes, a que fai referencia a Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de sub­vencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, publicada no DOG n.º 12, do 19 de xaneiro.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as comunidades ou mancomunidades de veciños, as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado (propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario, empresas de servizos enerxéticos, empresas municipais da vivenda,…) sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3º se realice en vivendas, edificios de vivendas ou edificios terciarios da súa titularidade sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 22 de outubro de 2011.

Enlaces relacionados:
Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á súa convocatoria.