lunes, 30 de mayo de 2022

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2021-2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311D).

Obxecto
Convocar, na Comunidade Autónoma de Galicia, os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (código de procedemento ED311D) correspondentes ao curso 2021/22. Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida ao alumnado que destacase polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.

Persoas beneficiarias
Alumnado que cursase durante o ano académico 2021/22 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.

AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PRIVADAS

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 2 de maio de 2022 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (código de procedemento ED314D).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a subvencionar o funcionamento de escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais.

Requisitos
1. Poderán solicitar estas axudas os titulares das entidades sinaladas no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
2. Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 27 de mayo de 2022

XV FEIRA DA EMPANADA DE AS NOGAIS


 

AS NOGAIS: DOAZON DE SANGUE O MARTES 31 DE MAIO


 

INFORMACIÓN XUVENIL: SEMANA DO 21 AO 27 DE MAIO

 




Subvencións a proxectos de voluntariado xuvenil

xuventude.xunta.es

A Consellería de Política Social convoca subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmar...

Prazas libres no Plan de formación de Xuventude e Voluntariado

xuventude.xunta.es

Aínda podes participar no Plan de formación de Xuventude e Voluntariado. Esta iniciativa inclue un total de 37 cursos presenciais e 20 e...

Aínda hai prazas nos Campos de Voluntariado de Galicia 

 



 

 



 



 




 

 








 

 




http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico





III EDICIÓN DOS PREMIOS DE INNOVACIÓN EN SAÚDE

 AXENCIA GALEGA PARA A XESTIÓN DO COÑECEMENTO EN SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2022 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da III edición dos Premios de innovación en saúde no Sistema público de saúde de Galicia 2022 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA304A).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a terceira edición dos Premios de innovación en saúde do Sistema público de saúde de Galicia, para premiar as ideas de innovación dos profesionais sanitarios no ámbito da Consellería de Sanidade e no seu sector público no ano 2022, así como as dos pacientes e as súas asociacións. Os premios pretenden potenciar as ideas innovadoras nas cales os seus profesionais traballan, para mellorar a calidade de vida das persoas e a sustentabilidade do sistema sanitario público galego e tamén aquelas propostas por persoas físicas (pacientes, coidadores, etc.), organizacións ou asociacións de pacientes sen ánimo de lucro.

Persoas beneficiarias
1. Respecto á modalidade de idea de profesionais: persoal ao servizo do Sistema público de saúde de Galicia que desenvolva unha idea innovadora no sistema sanitario galego. As persoas físicas que presenten unha idea poden representar un equipo (máximo 4 persoas, incluído o representante).
2. Respecto á modalidade de idea de pacientes: poderán presentar a súa idea calquera persoa física (pacientes, coidadores, etc.), organización ou asociación de pacientes sen ánimo de lucro. Tamén poderán presentarse varias persoas físicas, organizacións ou asociacións de pacientes representadas por unha delas (máximo de 4, incluído o representante).
3. Non poden optar ao premio os membros do xurado ou persoas vinculadas a eles por parentesco de consanguinidade ou afinidade.

Importe
1. Os premios consistirán en:
– Modalidade de idea de profesionais: o premio consistirá na adquisición de material e pequeno equipamento inventariable, subcontratación de servizos de I+D+i ou gastos similares vinculados ás actividades da idea gañadora e/ou a asistencia a cursos de formación, a congresos relacionados coa innovación, a un centro innovador de ámbito internacional ou actividades relacionadas cun límite de 812,5 euros por persoa para aloxamento, viaxe e axudas de custo de manutención no caso de resultar gañador do segundo premio, e de 1.625 euros por persoa nos mesmos conceptos para o proxecto gañador do primeiro premio desta modalidade. A dotación económica máxima na modalidade de profesionais é de 3.250 euros para o proxecto gañador do segundo premio e 6.500 euros para a candidatura gañadora do primeiro premio.
– Modalidade idea de pacientes: o premio consistirá na adquisición de material e pequeno equipamento inventariable ou subcontratación de servizos de I+D+i vinculado ás actividades da idea gañadora e/ou formación en aspectos relacionados cos fins fundacionais da asociación ou organización sen ánimo de lucro relacionada coa saúde que o gañador desta modalidade seleccione. A dotación económica máxima na modalidade de pacientes é de 1.000 euros para o proxecto gañador do segundo premio e 2.000 euros para o gañador do primeiro premio.
2. O financiamento dos premios referidos no punto 1 anterior impútase á aplicación orzamentaria 2022.12.A1.561C.640.10 (proxecto: 201600005) dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2022.

Prazo de presentación de candidaturas
O prazo de presentación de candidaturas será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS FINANCEIRAS DO PROGRAMA DE PRÉSTAMOS CUALIFICADOS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS ANUALIDADE 2022

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022 pola que se convocan, para a anualidade 2022, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2022 as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (código de procedemento VI406B), que poderán consistir en:
a) Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
b) Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble, así como as persoas membros de comunidades de propietarios/as partícipes nas actuacións promovidas pola correspondente comunidade en función da súa porcentaxe de participación.
Así mesmo, as comunidades de propietarios/as poderán ser beneficiarias dos préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios, ben que non poderán obter axudas de subsidiación dos xuros dos citados préstamos.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas propietarias de locais, agás os casos en que se pretenda a súa conversión en vivenda.
3. Para acceder aos préstamos, os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non deberán superar 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Esta limitación non se aplicará aos supostos de préstamos solicitados directamente polas comunidades de propietarios/as.
4. Para poder acollerse ás axudas económicas directas, os ingresos da citada unidade de convivencia non poderán ser superiores a 5,5 veces o IPREM.
5. Non poderá obter a condición de persoa beneficiaria quen incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de setembro de 2022 aínda que, respecto ás axudas económicas directas de subsidiación, rematará en todo caso no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.