martes, 10 de julio de 2018
lunes, 9 de julio de 2018
BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA
AXENCIA TURISMO DE GALICIA
Obxecto
O establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG, para o curso 2018/19 (código de procedemento TU200A).
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que se establecen nos artigos 4 e 5 das bases reguladoras e fixesen, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) para o curso 2018/19.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Aboamento e xustificación
A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a a que lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido segundo o tipo de bolsa.
Unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, a persoa beneficiaria poderá aplicar o desconto correspondente sobre o prezo da matrícula segundo o tipo de bolsa que lle foi concedido.
CORRECCIÓN DE ERROS.- BOLSAS DE EXCELENCIA PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
viernes, 6 de julio de 2018
SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN E POSTA EN MARCHA DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse estas axudas para o ano 2018 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853A). As axudas concedidas no marco da presente resolución axústanse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.
Entidades beneficiarias
Agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa (excepcionalmente dúas), nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i. Estas unidades mixtas deberán ter un orzamento mínimo elixible de 2 millóns de euros para o período 2018-2021.
No marco desta resolución consideraranse organismos de investigación:
Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.
As universidades do Sistema universitario galego.
Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.
Os centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía.
As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.
Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as definicións do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE núm. 187, do 26 de xuño).
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no DOG e, se é inhábil, o primeiro día hábil seguinte.
Outros datos
Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida para cada anualidade.
AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Obxecto
Pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social para lle asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social. Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo e, ademais, estean en risco de exclusión social. Esta situación deberá estar acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.
Prazo de presentación de solicitudes
Comezará o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no DOG e rematará o 15 de decembro de 2018.
SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN EN UNIDADES FORMATIVAS DAS EMPRESAS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Obxecto da convocatoria
1. Esta orde ten por obxecto proceder á segunda convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P).
Solicitudes e prazo
As solicitudes axustaranse ao establecido nas bases reguladoras.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Data de inicio e fin das accións formativas. Prazos de xustificación
1. A data de comezo das accións formativas figurará na solicitude e non poderá ser anterior á data resultado de engadir tres meses á data de finalización do prazo límite de presentación de solicitudes.
2. O remate das accións formativas terá como data límite o 30 de setembro de 2019 e, en todo caso, respectará os prazos de xustificación establecidos no artigo 33 da Orde do 31 de decembro de 2017.
Excepcionalmente, por causas xustificadas que xurdan despois da data de resolución, e sempre logo de autorización da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, as accións formativas poderán rematar, como máximo, o 30 de outubro de 2019.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da orde
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para que dite, no ámbito da súa competencia, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACIÓN DE PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS EN SECTORES ESTRATÉXICOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Obxecto da convocatoria
1. Esta orde ten por obxecto proceder á segunda convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas (procedemento TR310A).
As bases reguladoras desta convocatoria son as que constan na devandita Orde do 31 de decembro de 2017, coas especificacións que se establecen nesta orde.
Solicitudes e prazo
As solicitudes axustaranse ao establecido nas bases reguladoras.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Data de inicio e fin das accións formativas. Prazos de xustificación
1. As accións de formación recollidas nesta convocatoria están amparadas polo réxime de minimis, de modo que serán financiables as actuacións implementadas desde o 1 de xaneiro de 2018.
2. As accións formativas apoiadas terán como data límite de finalización o 31 de xullo de 2019 e, en todo caso, respectarán os prazos de xustificación establecidos no artigo 31 da Orde do 31 de decembro de 2017.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da orde
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para que diten, no ámbito da súa competencia, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
