martes, 23 de julio de 2013

TIPOS DE XURO 2º SEMESTRE PARA AS OPERACIÓNS ACOLLIDAS A PROGRAMAS E AXUDAS DO IGAPE

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2013 pola que se publica o tipo de xuro para o segundo semestre de 2013 para as operacións acollidas a diferentes convenios e programas de axuda deste instituto.

Os tipos de xuro de referencia para o segundo semestre do ano 2013 para as operacións acollidas aos convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) serán os seguintes: 0,299 %.

viernes, 5 de julio de 2013

PROGRAMA RE-SOLVE 2013

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Obxecto: Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación do programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.
Beneficiarios do programa de apoio:  Poderán acceder aos reavais previstos nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías). Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se  atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.
En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de outubro de 2013.

AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS INNOVADORAS


Obxecto e ámbito de aplicaciónEstas bases, cuxo obxectivo é servir de panca para impulsar a competitividade e o potencial de innovación das pequenas e medianas empresas, teñen por finalidade regular as axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras que conceda a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica, para promover o desenvolvemento económico mediante o fomento da innovación e a cooperación en distintos sectores da actividade económica en Galicia, con estruturas xurídicas que representen a estas agrupacións clúster.
En particular, outorgaranse axudas a fondo perdido a determinados investimentos desenvolvidos e explotados polas agrupacións, necesarios para facilitar o impulso tecnolóxico e a innovación, relacionados no artigo 5.4.1 das bases reguladoras; e tamén axudas de funcionamento para o arranque e a consolidación destas, establecidas no artigo 5.4.2 das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de agosto.

C.ERROS.- PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL E DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

jueves, 4 de julio de 2013

BOLSAS PARA INVESTIGADORES E TECNÓLOGOS

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Apróbanse as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a realización de estadías fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente no estranxeiro, dirixidas a investigadores e tecnólogos contratados en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación (OPI), que teñen centros de I+D+i radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia (SUG), co fin de que este persoal poida realizar actividades que melloren a súa formación así como entrar en contacto con ambientes de investigación e innovación diferentes, mellorando os seus contactos neste ámbito.
Prazo de solicitude: ata o 4 de agosto de 2013.

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CERTAMES DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS DE CARÁCTER AFECCIONADO

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Obxecto: Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o apoio a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado celebrados en GAlicia, que se leven a cabo entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de outubro de 2013.
Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto de calquera organismo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Beneficiarios: Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, con establecemento operativo en Galicia, así como as universidades e entidades locais galegas, que leven a cabo algún dos eventos descritos no obxecto da convocatoria, e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 4 de agosto de 2013.

AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS DE PRODUTORES DE PLANTAS VIVAS E PRODUTOS DA FLORICULTURA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2013

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto: establecer as normas para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da concesión de axudas previstas no Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, polo que se regula o recoñecemento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura e se establecen medidas de apoio á súa constitución e ao seu funcionamento.
Beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas as agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura recoñecidas como tales pola Comunidade Autónoma de Galicia, ao amparo do disposto no Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, e demais disposicións que o desenvolvan.
Prazo de solicitude: ata o 30 de novembro.