CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
viernes, 13 de septiembre de 2013
CORRECION DE ERROS.- AXUDAS Á CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS DE CAZA MENOR
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
jueves, 5 de septiembre de 2013
AXUDAS PROGRAMA CONCECTA PEME
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Obxecto: aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación do Programa Conecta peme para fomentar a agrupación empresarial a través de proxectos de investigación e desenvolvemento (I+D) de pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia.
Actividades subvencionables: Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental. Para os efectos desta resolución entenderase por investigación industrial e desenvolvemento experimental as definicións contidas no artigo 30 do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión Europea.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as agrupacións de empresas formada por pemes, segundo a definición do anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, validamente constituídas, que presenten un proxecto en cooperación entre elas e que deberán formar unha agrupación sen personalidade xurídica que se rexerá, ao abeiro do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo acordo que as regule.
Prazo de solicitude: ata o 5 de outubro de 2013.
lunes, 2 de septiembre de 2013
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Obxecto: Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2013, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos II e IV, respectivamente.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2013 e febreiro de 2014, en horario de mañá ou de tarde.
Beneficiarios dos cursos
a) Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.
b) Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
Prazo de solicitude
Para os cursos de linguaxe administrativa galega o prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para os cursos preparatorios de lingua galega, Celga o prazo para a presentación das solicitudes será a partir do día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso.
AXUDAS Á CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS DE CAZA MENOR
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Obxecto: Esta orde ten por obxecto o establecemento dun réxime de axudas destinadas aos/ás titulares de terreos cinexéticos ordenados para a recuperación das poboacións de perdiz rubia (Alectoris rufa) e do coello de monte (Oryctolagus cuniculus).
Beneficiarios/as
1. Poderán acollerse a estas axudas tanto corporacións locais titulares de tecores coma institucións sen ánimo de lucro, igualmente titulares de tecores, ou as agrupacións desta, que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Neste último caso os terreos cinexéticos deberán ser lindeiros e estar situados nunha mesma zona rural das recollidas no anexo VIII desta orde. Para cada corporación local ou institución sen ánimo de lucro, só será admisible unha única solicitude.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as corporacións locais ou institucións sen ánimo de lucro en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 2 de outubro de 2013.