lunes, 4 de febrero de 2013

MODIFICACION.- AXUDAS A ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS

CONSELLERIA DE MEDIO RURAL


Obxecto.-Esta orde ten por obxecto modificar a Orde do 17 de febreiro de 2012 (DOG nº 39, do 24 de febreiro) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013 e realizar a convocatoria correspondente ao ano 2013. As axudas, que se convocan en réxime de concorrencia competitiva, financiarán actuacións que se realicen durante o ano 2013 e tamén aquelas que se inicien nese ano e que finalicen, como máis tarde, o 31 de xaneiro de 2014.

jueves, 24 de enero de 2013

PROBAS CUALIFIACION INICIAL CONDUTOR PROFESIONAL DE DETERMINADOS VEHÍCULOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Con sometemento ás bases previstas na Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, realizaranse oito convocatorias, que se desenvolverán nos meses que a continuación se detallan, tanto para as categorías D1, D1+E, D e D+E, como para as categorías C1, C1+E, C e C+E.
As probas correspondentes a cada un dos indicados procesos terán lugar consonte o seguinte calendario:
Primeira convocatoria: entre o 27 de febreiro e o 13 de marzo de 2013.
Segunda convocatoria: entre o 10 e o 24 de abril de 2013.
Terceira convocatoria: entre o 22 de maio e o 5 de xuño de 2013.
Cuarta convocatoria: entre o 26 de xuño e o 10 de xullo de 2013.
Quinta convocatoria: entre o 31 de xullo e o 14 de agosto de 2013.
Sexta convocatoria: entre o 18 de setembro e o 2 de outubro de 2013.
Sétima convocatoria: entre o 6 e o 20 de novembro de 2013.
Oitava convocatoria: entre o 11 e o 22 de decembro de 2013.
Os prazos para inscribirse nas probas previstas no punto anterior serán os seguintes:
Primeira convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá
desde o día de publicación da presente convocatoria ao 11 de febreiro de 2013,
ambos inclusive.
Segunda convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 12 de febreiro ao 21 de marzo de 2013, ambos inclusive.
Terceira convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes quecomprenderá desde o día 22 de marzo ao 2 de maio de 2013, ambos inclusive.
Cuarta convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 3 de maio ao 7 de xuño de 2013, ambos inclusive.
Quinta convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 8 de xuño ao 12 de xullo de 2013, ambos inclusive.
Sexta convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 13 de xullo ao 30 de agosto de 2013, ambos inclusive.
Sétima convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 31 de agosto ao 18 de outubro de 2013, ambos inclusive.
Oitava convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 19 de outubro ao 22 de novembro de 2013, ambos inclusive.

Máis información:

jueves, 3 de enero de 2013

TIPO DE XURO 2013 CONTRATOS ARRENDAMENTO FINANCEIRO PEMES

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Primeiro. O tipo de xuro máximo que se aplicará durante o ano 2013 aos contratos de arrendamento financeiro formalizados, a tipo variable, ao abeiro dos convenios de apoio financeiro aos investimentos das pemes dos anos 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005 e do convenio ao sector transporte público por estrada de Galicia para a renovación da frota de vehículos dos anos 2004, 2005 e 2006 será de 1,55 %. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ao tipo de referencia (0,412) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo. As entidades de crédito deberán comunicarlles aos beneficiarios dos contratos de arrendamento financeiro subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro. O tipo de xuro do contrato de arrendamento financeiro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ao límite fixado nos citados convenios e na resolución de concesión de axuda. No caso de que sexa inferior, limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ao límite suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se aplicará ao contrato de arrendamento financeiro será o que lle corresponda segundo o establecido no punto primeiro da presente resolución.

TIPO XURO 1º SEMESTRE 2013

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

O tipo de xuro de referencia para o primeiro semestre do ano 2013 para as operacións acollidas aos  convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) será o seguinte: 0,360 %

viernes, 28 de diciembre de 2012

AXUDAS A INQUILINOS PROGRAMA ALUGA 2013

 
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


 Obxecto
Proceder á convocatoria no exercicio 2013, en réxime de concorrencia non competitiva, da axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda prevista no Decreto 84/2010, do 27 de maio.

Prazo de presentación
As solicitudes de axuda ás persoas inquilinas deberán presentarse antes do día 10 do
mes da data de efectos do contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do Programa Aluga.
No caso de prórroga do contrato de arrendamento, a solicitude deberá presentarse antes do día 15 do segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do período inicial ou da correspondente prórroga do contrato de arrendamento.

Mais información:

Decreto 84/2010 de 27 de maio, Regulación do Programa aluga

viernes, 14 de diciembre de 2012

BOLSAS REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL

DEPUTACIÓN DE LUGO

REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL

CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE DÚAS BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE XESTIÓN CULTURAL MUSEÍSTICA E OUTRA EN MATERIA DE ARQUIVOS E BIBLIOTECA PARA O MUSEO PROVINCIAL DE LUGO. ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PH. 2012-2013.

AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL


Instituto Galego de Promoción Económica

proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 13 de agosto) e modificadas mediante as resolucións do 6 de xuño de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 15 de xuño) e do 13 de xaneiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro).


Obxecto:

Fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega estimulando a posta en marcha de proxectos e establecer os requisitos e condicións dos proxectos de investimento empresarial e gastos asociados ao investimento.

Beneficiarios:

En xeral, poderán ser beneficiarios aquelas sociedades mercantís existentes ou en constitución que realicen unha iniciativa obxecto de apoio na Comunidade Autónoma de Galicia; desenvolvan no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases para cada tipo de proxecto subvencionable e acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades mercantís cuxa actividade estea comprendida nas excluídas polo artigo 1.2 do Decreto 432/2009; as que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea; as empresas en crise e aquelas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación: 11/12/2012 - 31/12/2012.


+ NORMATIVA:
AUTONÓMICA
Resolución do 22 de xullo de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 155 de 13 de agosto de 2010).
AUTONÓMICA
Resolución do 6 de xuño de 2011 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape polo que se modifican as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 114 de 15 de xuño de 2011).
AUTONÓMICA
Resolución do 13 de xaneiro de 2012 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se modifican as bases reguladoras das axudas deste instituto aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, para a aprobación de apoios específicos ás provincias de Lugo e Ourense (DOG nº 18 de 26 de xaneiro de 2012).
Ligazón á normativa