jueves, 7 de noviembre de 2024

MODIFICACIÓN.- BONOS INNOVACIÓN PARA PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS CUXA ACTIVIDADE SE ENMARCA NAS PRIORIDADES ESTRATÉXICAS DA RIS3

 Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 10 de xullo de 2024 pola que se conceden as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, convocadas pola Resolución do 29 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 22 de xaneiro de 2024).


AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS DO PLAN GALICIA EMPREGA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 29 de outubro de 2024 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación convocadas pola Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 19 de xaneiro de 2024) (código de procedemento TR342C).


lunes, 4 de noviembre de 2024

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS 2024

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro de 2024) (código de procedemento TR349F).

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE COMERCIO CIRCULAR E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 25 de outubro de 2024 de modificación da Orde do 30 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300D).