jueves, 18 de julio de 2024

ENCONTRO SOBRE O ACCESO Á VIVENDA NO RURAL


 

BOLSA INTERNACIONAL IGAPE

 

BOLSAS INTERNACIONAL IGAPE

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 22 de xullo

O Igape convoca 50 prazas para formación e prácticas en internacionalización empresarial

O programa busca formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial a través de formación práctica nas Oficinas Comerciais e Económicas, tanto no estranxeiro como en Galicia.

Os mozos e mozas realizarán labores de investigación de mercados, estudos de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras:

  • Duración: 1 ou 2 anos
  • Destinos en 25 países
  • Alta empregabilidade

A convocatoria vai dirixida a persoas menores de 35 anos, con titulación universitaria superior, e achegará formación práctica en internacionalización que se poderá levar a cabo no estranxeiro e ou en Galicia, en entidades e organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial.

Os países en que os seleccionados completarán a súa formación no estranxeiro inclúen novos mercados internacionais, algúns deles de interese estratéxico para o tecido empresarial galego. Así, os bolseiros terán como posibles destinos, entre outros, Bogotá, Casablanca, Chicago, Dubai, Dusseldorf, Johannesburgo, Kuala Lumpur, Lima, México, Miami, Montevideo, Oslo, Ottawa, Roma, Seúl, Singapur, Tokio, Varsovia ou Yakarta.

 

Prazo aberto ata o 22 de xullo

Mais información

martes, 2 de julio de 2024

CREANDO COMUNIDADE SECTORIAL: APICULTORES

CREANDO COMUNIDADE SECTORIAL: APICULTORES

Se es un apicultor ou apicultora en activo na zona da Fonsagrada  e Ancares e estás interesado ou interesada en cooperar con outras persoas que se dedican ao mesmo, o Polo da Fonsagrada organiza esta sesión para facilitar este intercambio de propostas.

 

Con esta xornada búscase potenciar a colaboración en ámbitos como a creación de marca, márketing e comunicación, loxística, distribución e venda do mel. Tamén terá como obxectivo crear comunidade sectorial e deseñar un proxecto piloto de cooperación entre apicultores.

 

programa será o seguinte:

10:00-10:15 h. Presentación da sesión de traballo

10:15-11:15 h. Presentación das persoas participantes

11:15-12:15 h. Vantaxes da cooperación e áreas de cooperación posibles

12:15-13:00 h. Deseño dun produto mínimo viable de cooperación sectorial

13:00h. Conclusión e compromisos

 

A xornada terá lugar o xoves 3 de xullo no Polo da Fonsagrada, na Avenida Galicia nº 28 (A Fonsagrada).

 

Anímate a vir e potenciar o teu negocio!