martes, 3 de febrero de 2026

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E DE IMPULSO DO COOPERATIVISMO E DA ECONOMÍA SOCIAL, 2026-2027

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e de impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2026 e 2027 (código de procedemento TR811A).

Obxecto e finalidade
Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

Entidades beneficiarias
– As asociacións de entidades de economía social.
– Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
– As cámaras de comercio.
– As universidades.
– As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
As entidades beneficiarias deben ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.