miércoles, 1 de abril de 2026

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA SILVICULTURA PRODUTIVA DE CONÍFERAS E PARA ACTUACIÓNS SILVÍCOLAS CON OBXECTIVOS AMBIENTAIS E NON PRODUTIVOS EN FRONDOSAS E NA REHABILITACIÓN DE SOUTOS DE CASTIÑEIROS 2026

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 24 de marzo de 2026 pola que se modifica a Orde do 19 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR605C).

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880302
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880311
Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, os solicitantes que presentaron a súa solicitude entre o 12 de xaneiro e o 20 de febreiro de 2026 poderán modificar a súa solicitude inicial dentro do prazo que establece esta orde.

PROGRAMA CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2026

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Voluntariado en Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas que resida no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR930C).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que rexerán o procedemento de adxudicación de axudas para participar no programa Conecta co Voluntariado en Galicia, que ten por finalidade facilitarlles a 50 mozas e mozos galegas/os de diferentes procedencias un maior coñecemento da realidade galega a través da realización dun traballo desinteresado co patrimonio natural e cultural de Galicia e outras actividades complementarias (código de procedemento PR930C).
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as 40 prazas destinadas no 2026 á mocidade de orixe galega residente no estranxeiro. As 10 prazas restantes ofértaas a Dirección Xeral de Xuventude para favorecer o contacto coa mocidade galega residente en Galicia.
3. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderá optar a unha das prazas obxecto desta convocatoria para participar no programa Conecta co Voluntariado en Galicia a mocidade que cumpra os seguintes requisitos:
a) Ter unha idade comprendida entre os 22 e os 30 anos o día 1 de xaneiro de 2026.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega residente no exterior.
c) Posuír a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculada con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de tres (3) meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
e) Carecer de discapacidades que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

BOLSAS PARA A FORMACIÓN DE PERSOAS EXPERTAS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO 2026

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 20 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR809A).

Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ou fóra desta, nas oficinas da cooperación española (OCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias das bolsas serán persoas tituladas universitarias e con veciñanza administrativa en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

martes, 31 de marzo de 2026

PROGRAMA CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO 2026

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia no Camiño, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR930D).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta con Galicia no Camiño, para o ano 2026, que ten por finalidade facilitarlles aos participantes o enriquecemento persoal a través da realización de actividades que lles procurarán un maior coñecemento do territorio e da situación sociocultural actual de Galicia, a través do percorrido de distintos tramos do Camiño de Santiago ata chegar a Compostela e doutras actividades complementarias (código de procedemento PR930D).
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócase este programa para o ano 2026.
3. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
1. Con carácter xeral, poderán optar a unha praza para participar neste programa os mozos e as mozas con residencia habitual no estranxeiro que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 21 anos o día 20 de xullo de 2026.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendentes de persoa emigrante galega residente no exterior.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Encontrarse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de tres (3) meses contados desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
e) Carecer de discapacidades e outros impedimentos que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
2. Ademais deses requisitos xerais, as persoas solicitantes, en función da modalidade de financiamento a que opten, deberán ter en conta as seguintes disposicións:
No caso de optaren ás prazas con financiamento do 100 %, o importe total dos ingresos e rendas que perciban todos os membros da unidade familiar do solicitante non poderá superar o límite da cantidade que resulte do dobre da base de cálculo da prestación por razón de necesidade aprobada en 2026 para o país de residencia, ou, no caso de residir en Europa, do salario mínimo interprofesional no país de residencia para o ano desta convocatoria, multiplicado polo número de persoas que convivan menos unha.
As persoas interesadas restantes, que entendan que os ingresos da unidade familiar do solicitante supere ese tope, deberán optar por unha das prazas ofertadas na modalidade de copagamento conforme o especificado no anexo I desta convocatoria, e, no caso de seren seleccionadas, aboar, no prazo dos dez días seguintes ao da publicación da resolución de adxudicación das axudas, a cantidade de 800 € se residen en América, ou de 250 € se residen en Europa, en concepto de custo da viaxe. O correspondente importe seralle aboado directamente á empresa contratada pola Xunta de Galicia para os desprazamentos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

lunes, 30 de marzo de 2026

PREMIOS SANTANDER X SPAIN AWARD 2026,STARTUP UNIVERSITARIA

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 20 de marzo de 2026 pola que se convocan os premios Santander X Spain Award 2026, Startup Universitaria. BDNS (Identif.): 894362

Obxecto
O obxectivo do programa é recoñecer e potenciar as mellores startups e spin offs universitarias de base tecnolóxica ou de coñecemento e que teñan unha solución innovadora e disruptiva en fase de aceleración.

Persoas beneficiarias
Será beneficiario o alumando que está matriculado ou titulado recentemente (cunha antigüidade máxima de cinco anos desde o momento da súa graduación) nun grao, máster universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será desde o 23 de marzo ata o 17 de abril de 2026.

PREMIOS SANTANDER X SPAIN AWARD 2026, PROXECTOS EMPRENDEDORES

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 20 de marzo de 2026 pola que se convocan os premios Santander X Spain Award 2026, Proxectos Emprendedores.

Obxecto
O obxectivo do programa é recoñecer e potenciar no ámbito nacional iniciativas emprendedoras xurdidas na Universidade de Vigo.

Persoas beneficiarias
Será beneficiario o alumando que está matriculado ou titulado recentemente (cunha antigüidade máxima de cinco anos desde o momento da súa graduación) nun grao, máster universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será desde o 20 de marzo ata o 17 de abril de 2026.

viernes, 27 de marzo de 2026

SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN EXTERIOR DA INDUSTRIA AUDIOVISUAL E DOS VIDEOXOGOS DE GALICIA 2026

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).

Finalidade
Determinar as condicións de concesión das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia que se convocan para o ano 2026.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta convocatoria as persoas que se describen a seguir, sempre que desenvolvan a súa actividade maioritariamente en Galicia e cumpran cos requisitos establecidos nestas bases:
a) As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora audiovisual, produtora de videoxogos ou distribuidora audiovisual, que desenvolvan a súa actividade baixo as epígrafes 961.1 e 962.1 do IAE ou 582.1 e 620 da CNAE.
b) As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE, sempre que poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra audiovisual do proxecto que se presenta a esta convocatoria.
c) As persoas físicas que figuren como responsables da dirección, ou do guión, da obra audiovisual do proxecto que se presenta a esta convocatoria.

Prazos de presentación de solicitudes
Os prazos para a presentación das solicitudes serán:
– Para eventos que se celebren entre o 16 de novembro de 2025 e o 31 de maio de 2026, iniciarase unha vez transcorridos cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e estará aberto como máximo ata o 1 de xuño de 2026, ás 20.00 horas. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte.
– Para eventos que se celebren entre o 1 de xuño de 2026 e o 31 de outubro de 2026, o prazo iniciarase o día 2 de xuño de 2026, ás 9.00 horas, e estará aberto ata o 15 de outubro de 2026, ás 20.00 horas.
Presentarase unha solicitude para cada evento.

BONOS ACTIVA COMERCIO 2026

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 12 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión no ano 2026 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

Obxectivos
O obxectivo do programa bonos Activa comercio é incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.
Ademais, o programa ten como finalidades propiciar o fortalecemento do sector comercial retallista da Comunidade Autónoma de Galicia, dinamizar a actividade comercial promovendo as compras de bens en comercios, mellorar o fondo de manobra dos establecementos comerciais e paliar o impacto negativo derivado da actual situación inflacionista.

Actividade subvencionable
1. Por medio desta orde subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa, así como a prestación dos correspondentes servizos no caso das epígrafes do IAE 972.1 e 972.2.
2. As vendas subvencionadas serán as que se realicen nas datas fixadas nas correspondentes ordes de convocatoria de cada unha das edicións do programa bonos Activa comercio.
3. Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.
O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada, de acordo cos seguintes criterios:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
4. Os bonos Activa comercio non se poderán utilizar para a adquisición de tarxetas regalo, vales, bonos ou similares.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 destas bases reguladoras. Para seren beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o establecido nesta orde.

Alta e requisitos dos comercios para a adhesión ao programa
Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:
– Nome e apelidos ou razón social.
– Establecemento comercial en Galicia.
– NIF.
– Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
– Nome comercial.
– Enderezo do establecemento comercial.
– Número de teléfono móbil.
– Correo electrónico.
– IAE principal (incluído no anexo I).
– IBAN da conta bancaria.
– Páxina web do establecemento comercial.
2. A adhesión ao programa bonos Activa Comercio será única para todas as edicións do programa que se convoquen no ano 2026.
O prazo de adhesión comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de decembro de 2026 ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito da última edición convocada.
3. Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas, de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.
4. A alta e o uso da aplicación polas persoas comerciantes suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade, conforme o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, do cal serán informadas convenientemente.
5. Na alta para a adhesión ao programa as persoas comerciantes poderán outorgar a súa autorización para recibir información das axudas, actuacións e programas que poña en marcha a Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
6. As persoas comerciantes deberán asinar dixitalmente a declaración responsable, manifestando o cumprimento das condicións establecidas e a veracidade dos datos indicados, sen prexuízo de cantas outras formalidades estean obrigadas a cumprir. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá comprobar e, de ser o caso, solicitar en calquera momento os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
7. Non se admitirán nin se terán en conta as solicitudes presentadas por establecementos que non cumpran coas anteriores condicións nin coa forma establecida nesta orde.
8. O nome comercial e a localización dos establecementos retallistas adheridos ao programa bonos Activa comercio farase pública na web www.bonosactivacomercio.gal
9. As persoas comerciantes adheridas ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento, agás no suposto previsto no artigo 20 destas bases reguladoras.

PROGRAMA O TEU XACOBEO 2026-2027

 Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de dinamización e promoción do Xacobeo 2027 (programa O teu Xacobeo), e se procede á súa convocatoria con carácter plurianual (2026-2027) (código de procedemento TU300A).

Obxecto e réxime
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar proxectos de promoción e dinamización dos valores e da cultura xacobea, promovendo a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago dentro do Xacobeo 2027 (código de procedemento TU300A).
Os proxectos deberán fomentar o diálogo ao redor deste grande itinerario cultural europeo, dando a coñecer o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística contemporánea; impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago ou fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño de Santiago entre os máis novos a través da celebración de mostras, publicacións, creacións artísticas ou audiovisuais, obradoiros, xornadas, encontros, foros, actividades deportivas, mostras gastronómicas, festivais e eventos de formación e intercambio de pensamento, entre outros.
2. Os proxectos que se van subvencionar ao abeiro desta convocatoria deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e deberán executarse e xustificarse do seguinte modo:
– Gastos de 2026: desde o 1 de xullo de 2026 ata o 30 de novembro de 2026.
– Gastos de 2027: desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2027.

Persoas beneficiarias
As subvencións obxecto destas bases divídense en dúas categorías ou liñas, en atención ás entidades solicitantes:
Liña 1. Persoas físicas (traballadores autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).
Así mesmo, poderán presentar solicitudes as agrupacións de persoas físicas e/ou xurídicas, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Liña 2. Entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro (excepto entidades locais).
Así mesmo, poderán presentar solicitudes as agrupacións de entidades sen ánimo de lucro, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será, para a anualidade de 2026, dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Para a anualidade de 2027, o prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 de outubro ata o 31 de outubro de 2026.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.
Non se permitirá a presentación de máis dun proxecto por solicitante e por anualidade.

Prazo de xustificación da subvención
A data límite para presentar a xustificación das actuacións subvencionables será, para a anualidade de 2026, o 30 de novembro de 2026 e, para as actividades da anualidade de 2027, será o 30 de novembro de 2027.

PROGRAMA CIENCIA-EMPRESA 2026

 Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a posta en marcha de proxectos individuais de investigación e desenvolvemento cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, Programa ciencia-empresa (código de procedemento IN852F).

Obxecto
Apoiar a realización de proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental por parte das entidades beneficiarias que lles permitan desenvolver solucións tecnolóxicas de alto impacto, mellorar a súa competitividade e potenciar a xeración de emprego altamente cualificado.

Beneficiarios
Terán a consideración de entidades beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes) que realicen un proxecto de I+D individual, cuxas actividades se desenvolvan en Galicia. As entidades beneficiarias deberán contar cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia onde realicen as actividades descritas na memoria técnica do proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Procedemento de concesión, período subvencionable e xustificación das axudas
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva.
O período subvencionable comprenderá desde a data de presentación da solicitude ata o 30 de setembro de 2028.
A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 15 de outubro de 2028.

martes, 24 de marzo de 2026

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE CREACIÓN, PRODUCIÓN, PROMOCIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL, 2026

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical, e se procede á convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207L).

Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as empresas e as persoas traballadoras autónomas con sucursal ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia e que se dediquen ao management de artistas ou formacións musicais ou á edición fonográfica.
Enténdese por management a xestión, promoción, asesoramento e planificación da carreira profesional de artistas e formacións musicais nun mercado profesional e competitivo.
Enténdese por edición fonográfica a fixación de audio nun soporte para a súa comunicación ou publicación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 23 de marzo de 2026

AXUDAS PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DAS CONFEDERACIÓNS E FEDERACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO E DAS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO DE CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O ANO 2026

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 27 de febreiro de 2026 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2026 (código de procedemento ED507A).

Obxecto
As axudas teñen como obxecto apoiar e incrementar a realización de actividades por parte das entidades antes sinaladas, mediante a subvención dos gastos ocasionados por elas, así como dos derivados da xestión administrativa, da adquisición de material non inventariable e do mantemento ordinario das instalacións desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2026.

Beneficiarias
As confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.




miércoles, 18 de marzo de 2026

FORO DE DEBATE: A REFORMA DOS SITEMA DE FINANCIAMENTO AUTONÓMICO E AS SÚAS POSIBILIDADES DE MELLORA 2026

 Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2026 pola que se convoca o foro de debate A reforma do sistema de financiamento autonómico e as súas posibilidades de mellora.

Obxectivos
O obxectivo deste foro é o intercambio de ideas, opinións e propostas de mellora sobre un tema de actualidade como é a reforma do modelo de financiamento autonómico.

Persoas destinatarias
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento
Data: 7 de abril de 2026.
Modalidade: presencial.
Horario: das 12.30 ás 14.30 horas.
Horas lectivas: 2.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Número de prazas
Número de prazas limitado á capacidade do local.

Inscrición
1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo co requirido e establecido na base segunda desta resolución respecto das persoas destinatarias.
3. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois seleccionar no nome do curso Foro de debate A reforma do sistema de financiamento autonómico e as súas posibilidades de mellora.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 2 de abril de 2026.
Poderá obterse calquera outra información a través do correo electrónico <novas.egap@xunta.gal> ou, das 9.00 ás 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CONFEDERACIÓN, FEDERACIÓN E UNIÓNS DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS, COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGAS E ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DE GALICIA 2026

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 10 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).

Obxecto
Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de obras realizadas en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como a adquisición de equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no Rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS BÁSICO

 Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2026 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

Requisitos do persoal participante
Poderán participar nesta actividade formativa empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as que asuman as funcións de prevención e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será do 20 ao 30 de marzo de 2026.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 73 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA) NIVEIS 1,2,3,4 NO ANO 2026

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

Obxecto.
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2026, con código de procedemento administrativo PL500C.

Persoas destinatarias.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
As sedes e horarios para realizar as probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Presentación de solicitudes e prazo.
1. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitud, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.
2. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar motivadamente a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.
De necesitar algún tipo de axuda para efectuar as probas por mor dunha discapacidade, a persoa indicará na súa solicitude o apoio concreto que precisa (lectura fácil –para persoas con discapacidade intelectual–, máis tempo, maior tamaño de letra...).
En todo caso, a Secretaría Xeral da Lingua valorará se a discapacidade alegada dá lugar á exención e/ou ao apoio solicitados.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE DETERMINADOS CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS NO ANO 2026

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 2 de marzo de 2026 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2026 (código de procedemento ED527A).

Obxecto
O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais (código do procedemento ED527A) para o ano 2026 nas seguintes especialidades:
Carnés profesionais:
– Carné profesional de instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Requisitos das persoas aspirantes
Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

Solicitudes
1. As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante solicitude, segundo o modelo que figura no anexo I (código de procedemento ED527A) desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional, presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 16 de marzo ao día 30 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos.
2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 15 de xuño ao día 7 de setembro de 2026, ambos os dous incluídos.

jueves, 12 de marzo de 2026

SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E DE RESTAURACIÓN 2026

 Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TU503A).

Obxecto e réxime das subvencións
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
b) Os restaurantes incluídos no Grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, debidamente inscritos e clasificados no REAT.
2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2026. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data.
3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
3.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
3.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
3.3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
3.4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación.
3.5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
3.6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
3.7. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento. O investimento en equipamentos e telefonía móbil non poderá ser superior ao 5 % do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.
3.8. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
4. O investimento neto admitido será de ata 100.000,00 euros. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase a persoa solicitante para que reaxuste o proxecto que se vai executar ao citado límite.
Enténdese por investimento neto o importe orzamentado unha vez deducido o imposto sobre o valor engadido.
5. Se a actuación o require, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou, se é o caso, xustificante da comunicación previa ao concello. A dita documentación deberá presentarse no momento da xustificación da subvención.
6. Así mesmo, se as actuacións supoñen un cambio ou reforma substancial, será preciso presentar a declaración responsable a que fai referencia o artigo 42 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, ante a área provincial correspondente.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.
Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención. No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que o que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.
2. Deberá acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice a persoa beneficiaria para a realización do investimento subvencionado e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista no artigo 20.b) destas bases.
3. Deberá acreditarse unha antigüidade da actividade turística de aloxamento e restauración no establecemento para o cal se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data de solicitude da axuda (tanto da actividade como do establecemento). Para estes efectos, tomarase como data de referencia para o cálculo da antigüidade a data de inscrición no REAT.
4. Os requisitos para ser beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
5. Non poderán obter a condición de beneficiaria:
– Aquelas entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
– Aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.
6. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa beneficiaria da subvención, por cambio na titularidade do establecemento, terán que ser previamente autorizados pola Administración concedente, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, subrogándose o novo titular na posición xurídica de persoa beneficiaria da subvención e nas obrigas dimanantes desta.

Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
4. Só poderá presentarse unha única solicitude por establecemento. No caso de que un mesmo titular teña varios establecementos inscritos no REAT, terá que presentar unha solicitude por cada establecemento.
5. As persoas ou entidades solicitantes deberán declarar responsablemente, tal e como consta no anexo II:
a) Se, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra subvención, axuda, recurso ou ingreso para o mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita a subvención.
b) Se se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha axuda de minimis.
c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) Que se compromete a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.
e) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas das previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Que non foi sancionada con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.
g) Que se compromete a cumprir as obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 20 das bases reguladoras.
h) Que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L124, do 20 de maio).

Información ás persoas interesadas.
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia de Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Axencia de Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions
b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada, e introducindo no buscador o código de procedemento TU503A.
c) Os teléfonos 981 54 63 63 e 981 54 74 05.
d) Enderezo electrónico: fomento.turismo@xunta.gal

martes, 10 de marzo de 2026

OFERTA DE EMPREGO

 

Auxiliar a domicilio (concello de a pastoriza)

Santa Catarina Pastoriza, Lugo |

Attende Care, es una empresa de Atención y Asistencia para personas con dependencia en el domicilio, para facilitarles la vida en su hogar.

¿Quiénes somos?

En Attende, trabajamos para que las personas dependientes puedan llevar una vida mejor en su propio hogar, manteniendo su autonomía en su entorno familiar el mayor tiempo posible.Por que… ¿dónde van a estar mejor que en casa? Nuestro equipo humano, formado por personas comprometidas que se focalizan en la constancia, cercanía, empatía y sensibilidad, trabajan sobre 4 áreas básicas de actuación:

* Atención personal.
* Acompañamiento.
* Tareas domésticas.
* Tareas terapéuticas.


Buscamos incorporar personal Auxiliar con la tarea esencial a llevar a cabo consiste en garantizar el bienestar integral de los/as usuarios/as, asistiéndoles y ayudándoles en las actividades básicas de la vida diaria, promoviendo su máxima autonomía, la actividad física y cognitiva, su autoestima y valoración de sí mismo/a, hábitos de cuidados personales, estilos de vida saludables y potenciando sus relaciones sociales.

¿Estás interesado/a?

¡Inscríbete en nuestra oferta!

En todas las sociedades del Grupo Serunion buscamos construir un equipo diverso e inclusivo, valorando y respetando la diversidad y comprometidos con la igualdad de oportunidades en el acceso al empleo y desarrollo profesional.

Requisitos mínimos:

* Formación: Ciclo de Formación profesional de Grado Medio en Auxiliar de Enfermería o Auxiliar de Clínica, Formación Profesional de Grado Medio en Atención Sociosanitaria a Personas en Situación de Dependencia, Certificado de Profesionalidad en Atención Sociosanitaria a Personas Dependientes en Instituciones Sociales o Certificado de Profesionalidad en Atención Sociosanitaria a Personas en el Domicilio.
* Residencia en A Pastoriza o alrededores.
* Indispensable vehículo para desplazamientos.
* Incorporación inmediata.

https://insertia.net/ver-oferta/bdeb9227-4b3c-4b64-ae2d-70237e5f92f3

AXUDAS SOCIAIS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO 2026

 Consellería de Política Social e Igualdade

DECRETO 14/2026, do 16 de febreiro, polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario, a favor de pensionistas de xubilación e incapacidade na súa modalidade non contributiva e das persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Obxecto
Este decreto ten por obxecto o establecemento de axudas sociais extraordinarias a favor das persoas beneficiarias de pensións de xubilación e incapacidade nas súas modalidades non contributivas e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Contía e pagamento
A contía individual destas axudas fíxase en 218 euros, que se aboarán mediante un pagamento único, que se realizará de oficio, sen que se precise solicitude da persoa interesada. Este pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria na conta en que as persoas beneficiarias teñen domiciliado o percibo ordinario da súa pensión.

Requisitos
Serán persoas beneficiarias destas axudas sociais de carácter extraordinario as que perciban pensións de incapacidade e xubilación na súa modalidade non contributiva e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos, en que concorran os seguintes requisitos:
a) Estar en situación de alta en nómina en data do 1 de xaneiro de 2026 ou estar en situación de alta en nómina con posterioridade á dita data pero con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2026 e permanecer nesta mesma situación de alta na data de entrada en vigor deste decreto.
b) Ter a residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2026 e a data de entrada en vigor deste decreto. Igualmente terán dereito ás axudas aquelas persoas que teñan devindicado o dereito a percepción e falezan durante o mes de publicación deste decreto, sempre que tivesen a súa residencia habitual en Galicia no momento do seu falecemento.

Suspensión e perda
A suspensión e perda do dereito á percepción destas axudas de carácter extraordinario producirase nos mesmos supostos previstos para as pensións a que se refire o artigo 1, correspondendo á persoa titular do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade a declaración das ditas situacións.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS DESTINADAS ÁS PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS 2026

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 26 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento MR404A e MR405F).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocalas para o ano 2026 (códigos de procedemento MR404A e MR405F).

Persoas beneficiarias
En función do tipo de axuda que se solicite, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:
a) MR404A. Establecemento de persoas agricultoras mozas. Subintervención 68611_01 Incorporación agraria: persoa física que teña entre 18 e 40 anos de idade, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.
b) MR405F. Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias. Subintervención 68412_01 Explotacións: titular de explotación agraria vinculada á solicitude simultánea da axuda de establecemento de persoas agricultoras mozas.

Contía das axudas
En función do tipo de axuda que se solicite, as contías das axudas son as seguintes:
a) MR404A. Establecemento de persoas agricultoras mozas. Subintervención 68611_01 Incorporación agraria.
O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros en función da aplicación dos criterios muller, explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña ou na Rede Natura 2000, explotación ecolóxica e titularidade compartida.
b) MR405F. Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias. Subintervención 68412_01 Explotacións.
O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 %, cun máximo de 75.000 euros/UTA e un límite de 250.000 euros/beneficiario.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL DO SISTEMA EDUCATIVO, 2026

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 24 de febreiro de 2026 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio (código de procedemento ED312C) e de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2026.

Finalidade e persoas destinatarias
1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Validez das probas de acceso
1. De acordo co artigo 42 do Decreto 114/2010:
a) As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio do Estado. O acceso a cada ciclo formativo de grao superior quedará determinado de acordo coa parte específica da proba superada.
b) Quen realice a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia, durante os dous anos seguintes.
2. As exencións concedidas ao abeiro da presente convocatoria manterán a súa validez nas futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional en Galicia, sempre que se manteña a estrutura da proba.

Proba de acceso a grao medio, requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan cumpridos dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

Proba de acceso a grao medio, datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 16 de marzo e 26 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos.

Proba de acceso a grao medio, presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Proba de acceso a grao medio, realización
1. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 21 de maio de 2026 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Proba de acceso a grao superior, requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan feitos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Proba de acceso a grao superior, datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 16 e 26 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos.

Proba de acceso a grao superior, presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Proba de acceso a grao superior, realización da proba
A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010.
1. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 29 de abril de 2026 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).
2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

jueves, 5 de marzo de 2026

PROGRAMA DE AVAIS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA 2026

 Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026 pola que se convoca o Programa de avais para a adquisición de vivenda, e se dá publicidade ao convenio que se asinará entre este instituto e as entidades financeiras para a súa concesión para a anualidade 2026 (código de procedemento VI402B).

Obxecto e características do Programa de avais para a adquisición de vivenda
1. O Programa de avais ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas que, na data de presentar a correspondente solicitude, teñan menos de trinta e seis anos. O límite de idade non será de aplicación no caso de tratarse da adquisición dunha vivenda cualificada definitivamente como vivenda de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.
2. O programa xestionarase en colaboración coas entidades financeiras que se adhiran a el a través da sinatura do convenio que figura no anexo I. Para tal fin, a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG), calquera entidade financeira interesada, con oficinas abertas ao público en Galicia, poderá presentar ante a Dirección xeral do IGVS unha solicitude en que exprese o seu interese na subscrición do indicado convenio. Para estes efectos, deberá empregarse o formulario PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/). A medida que se vaian asinando os convenios, o IGVS dará publicidade na súa páxina web das entidades financeiras adheridas a este programa.
3. De acordo co disposto no punto terceiro do ordinal sexto da Resolución do 17 de marzo de 2025, o importe máximo dos avais que se concederán nesta convocatoria será de cinco millóns de euros.
4. A garantía prestarase ata un 20 % do prezo de adquisición da vivenda ou, se é o caso, do seu valor de taxación, no suposto de que este sexa menor. En ningún caso se outorgará para garantir importes derivados de conceptos distintos aos indicados.
Cando a operación de financiamento con garantía hipotecaria sexa por un importe inferior ao prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación, no suposto de que este sexa menor, a garantía prestarase ata un 20 % do importe da operación de financiamento con garantía hipotecaria.
5. A garantía só se prestará cando a operación de financiamento con garantía hipotecaria estea destinada á adquisición da primeira vivenda en propiedade da persoa solicitante e o dito financiamento comprenda, cando menos, o 80 % do prezo de adquisición ou, se é o caso, do valor de taxación, sen poder chegar a superar o 100 % do respectivo importe.
6. O IGVS encargarase de comunicar á entidade financeira a resolución de concesión do aval, a cal servirá de toma de razón para o seu outorgamento e para a formalización do correspondente contrato de préstamo con garantía hipotecaria.
7. Con carácter adicional ás causas legalmente previstas para a extinción de calquera afianzamento, a garantía do IGVS respecto de cada operación de financiamento quedará automaticamente sen efecto no momento en que os pagamentos do principal alcanzasen o importe avalado. A partir dese momento, o IGVS quedará totalmente liberado da obriga de facer fronte ao aval.
8. A garantía ten carácter finalista, de maneira que o importe do préstamo avalado debe destinarse ao pagamento do prezo da vivenda financiada. Para tal efecto, os pagamentos que realice a persoa beneficiaria á entidade deberán destinarse a pagar exclusivamente a débeda hipotecaria e non outra débeda que poida ter coa entidade financeira.

Requisitos para poder ser persoa beneficiaria do programa
1. Para poder ser beneficiaria do programa é preciso que na data da presentación da solicitude se cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a persoa solicitante, que deberá ser quen vaia adquirir a vivenda, posúa a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea. En caso de persoas estranxeiras provenientes de países terceiros, estes deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España. No suposto de que a vivenda a adquira máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.
b) Que a persoa solicitante sexa maior de idade e teña menos de trinta e seis anos no momento da presentación da solicitude. No suposto de que a vivenda a adquira máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.
O límite dos trinta e seis anos non será de aplicación cando se trate da adquisición dunha vivenda protexida.
c) No suposto de que se trate da adquisición dunha vivenda protexida, ser adquirente ou adxudicataria, en primeira ou sucesivas transmisións, e ter acreditado no correspondente expediente o cumprimento dos requisitos de acceso a unha vivenda protexida exixidos pola normativa reguladora destas vivendas.
d) Que a persoa solicitante estea empadroada en Galicia. No suposto de que a vivenda a adquira máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.
e) Que a persoa solicitante dispoña duns ingresos mínimos de 2 veces o IPREM e uns ingresos máximos de 5,5 veces o IPREM. A devandita porcentaxe máxima será do 6,5 veces o IPREM, se a vivenda a adquire máis dunha persoa. Nestes casos, os límites de ingresos mínimos e máximos sinalados aplicaranse tendo en conta a suma dos ingresos de todas as persoas adquirentes da vivenda.
Para estes efectos, partirase da contía da base impoñible xeral e do aforro, reguladas nos artigos 48 e 49, respectivamente, da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a rendas das persoas físicas (en diante, IRPF), correspondentes aos datos fiscais da/das persoa/s solicitante/s, correspondentes ao período impositivo con prazo de presentación vencido na data da solicitude.
Para os efectos da determinación do IPREM, computaranse os ingresos derivados da percepción pola/s persoa/s adquirinte/s das rendas que, en virtude da normativa reguladora do IRPF, estean exentas da declaración. Os citados ingresos complementaranse cos resultantes da base impoñible na consulta da declaración do IRPF, tendo a consideración de ingresos percibidos pola/s persoa/s adquirinte/s.
Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do último IPREM publicado na data da solicitude.
No suposto de adquisición dunha vivenda protexida, o requisito dos ingresos será o que se determine na correspondente normativa reguladora.
2. Así mesmo, para a obtención do aval é preciso que concorran os seguintes requisitos:
a) Que a vivenda para que se outorga a garantía estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia e vaia ser destinada a ser a residencia habitual e permanente da/das persoa/s adquirente/s durante, cando menos, todo o período en que estea vixente a garantía.
b) No suposto de adquisición dunha vivenda protexida, a vivenda debe ter sido cualificada definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado na data de presentación da solicitude.
c) Que o prezo de adquisición da vivenda, sen os gastos e os tributos correspondentes, non supere os prezos indicados a continuación, segundo a zona territorial do concello en que se localice a vivenda, de conformidade co anexo II:
– Concellos correspondentes ao ámbito territorial de prezo máximo superior: 260.000 euros.
– Concellos correspondentes á zona territorial 1: 210.000 euros.
– Concellos correspondentes á zona territorial 2: 180.000 euros.
No suposto de vivendas protexidas de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado, o prezo máximo será o previsto na cualificación definitiva.
3. Non se outorgará a garantía cando a vivenda que se pretende adquirir non vaia constituír a primeira vivenda en propiedade da/das persoa/s adquirente/s. Tampouco se outorgará o aval cando a/s persoa/s adquirente/s sexan propietarios/as ou usufrutuarios/as dunha vivenda en territorio español. Exceptuarase este requisito nos seguintes casos:
a) Cando o dereito recaese unicamente sobre unha parte alícuota da vivenda e se adquirise por herdanza ou mediante transmisión mortis causa sen testamento.
b) Cando non se dispoña da vivenda por causa de separación ou divorcio; situacións catastróficas ou situacións de violencia de xénero ou ameaza/vítima de terrorismo.
c) Cando a vivenda resulta inaccesible por situacións sobrevidas de dependencia ou discapacidade da/das persoa/s adquirente/s da vivenda ou dalgún dos membros da súa unidade de convivencia, cun grao de discapacidade recoñecido oficialmente igual ou superior ao 33 %.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará unha vez transcorridos cinco días hábiles da publicación da resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte.
O prazo rematará o 30 de outubro de 2026 e, en todo caso, no momento do esgotamento do importe máximo de avais que se concederán no ano 2026, que se fixa en cinco millóns de euros. O dito esgotamento, en caso de producirse antes do 30 de outubro de 2026, farase público no DOG mediante resolución da persoa titular da dirección xeral do IGVS.
2. As solicitudes poderán presentarse desde as 9.00 horas do primeiro día de inicio do prazo ata ás 14.00 horas do 30 de outubro de 2026. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.
3. As solicitudes presentadas fóra do prazo e do horario indicado serán inadmitidas.