jueves, 31 de diciembre de 2020

martes, 29 de diciembre de 2020

AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E MELLORAS DAS ÁRBORES E FORMACIÓNS INCLUÍDAS NO CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2021 (código de procedemento MT804C).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 29 de xaneiro de 2021.

Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que fosen efectivamente realizados desde a certificación de non inicio ata o 30 de setembro de 2021.

lunes, 28 de diciembre de 2020

AXUDAS SOCIAIS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DECRETO 224/2020, do 23 de decembro, polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario, a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas perceptoras das pensións do fondo de asistencia social e das persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.


Obxecto
O presente decreto ten por obxecto o establecemento de axudas sociais extraordinarias a favor das persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas (PNC), do fondo de asistencia social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM).

Contía e pagamento
A contía individual destas axudas fíxase en 206 euros, que se aboarán mediante un pagamento único, que se realizará de oficio, sen que se precise solicitude da persoa interesada. Este pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria na conta en que as persoas beneficiarias teñen domiciliado o percibo ordinario da súa pensión.

Requisitos
Serán persoas beneficiarias destas axudas sociais de carácter extraordinario as que perciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva (PNC), as do fondo de asistencia social (FAS) e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM), en que concorran os seguintes requisitos:
a) Estar en situación de alta en nómina na data do 1 de xaneiro de 2020 e permanecer nesta mesma situación de alta na data de entrada en vigor deste decreto.
b) Ter a residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de entrada en vigor deste decreto. Igualmente, terán dereito ás axudas aquelas persoas que teñan devindicado o dereito a percepción e falezan durante o mes de decembro da presente anualidade, sempre que tivesen a súa residencia habitual en Galicia no momento do seu falecemento.

Suspensión e perda
A suspensión e perda do dereito á percepción destas axudas de carácter extraordinario producirase nos mesmos supostos previstos para as pensións a que se refire o artigo 1, e corresponde á persoa titular da correspondente xefatura territorial da Consellería de Política Social a declaración das ditas situacións.

Disposición adicional única. Exclusión da axuda extraordinaria no cómputo de rendas ou ingresos
A contía da axuda extraordinaria recoñecida ás persoas beneficiarias estará excluída do cómputo de rendas ou ingresos para efectos de determinar tanto o importe como o mantemento do dereito das pensións non contributivas da Seguridade Social, do fondo de asistencia social e do subsidio de garantía de ingresos mínimos.

jueves, 24 de diciembre de 2020

miércoles, 23 de diciembre de 2020

II EDICIÓN DOS PREMIOS DE INNOVACIÓN EN SAÚDE 2020

 AXENCIA GALEGA PARA A XESTIÓN DO COÑECEMENTO EN SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2020 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da II edición dos Premios de innovación en saúde 2020 no Sistema público de saúde de Galicia e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA304A).

Obxecto

Establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a segunda edición dos Premios de innovación en saúde do Sistema Público de Saúde de Galicia, para premiar as ideas de innovación dos profesionais sanitarios no ámbito da Consellería de Sanidade e no seu sector público no ano 2020, así como as dos pacientes e as súas asociacións. Os premios pretenden potenciar as ideas innovadoras nas que os seus profesionais traballan, para mellorar a calidade de vida das persoas e a sustentabilidade do sistema sanitario público galego e tamén aquelas propostas achegadas por persoas físicas (pacientes, coidadores, etc), organizacións ou asociacións de pacientes sen ánimo de lucro.

Persoas beneficiarias
1. Respecto á modalidade de idea de profesionais: persoal ao servizo do Sistema Público de Saúde de Galicia que desenvolvan unha idea innovadora no sistema sanitario galego. As persoas físicas que presenten unha idea poden representar a un equipo (máximo 4 persoas, incluído o representante).
2. Respecto á modalidade de idea de pacientes: poderán presentar a súa idea calquera persoa física (pacientes, coidadores, etc), organización ou asociación de pacientes sen ánimo de lucro. Tamén poderán presentarse varias persoas físicas, organizacións ou asociacións de pacientes representadas por unha delas (máximo 4, incluído o representante).
3. Non poden optar ao premio os membros do xurado ou persoas vinculadas a eles por parentesco de consanguinidade ou afinidade.

Prazo de presentación de candidaturas
O prazo de presentación de candidaturas será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas (código de procedemento PR775A).

Obxecto

Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e convócase, baixo o réxime de concorrencia competitiva, o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas orientado aos nenos e nenas galegos, con idades comprendidas, segundo estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos (código de procedemento PR775A).

Persoas beneficiarias
Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxos representantes legais se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Os fillos e fillas de quen sexa integrante do xurado non poderán presentar textos a esta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas interesadas que opten pola presentación electrónica deberán formular a súa solicitude, mediante a presentación do anexo I, e presentarán a seguinte documentación, en arquivos independentes en formato pdf:
a) Un arquivo que conterá o texto do conto. Este arquivo nomearase co título do conto e o pseudónimo da persoa autora.
b) Un arquivo que conterá unha copia do libro de familia onde consten os datos de nome/s, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso, así como os datos dos seus proxenitores.
No caso de que se opte pola presentación presencial, coa solicitude, que deberá formularse mediante a presentación do anexo I, deberá xuntarse a seguinte documentación:
a) Un sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición: Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, xunto co pseudónimo e o título do conto. Este sobre incluirá o texto do conto en folio formato A4.
b) Unha copia do libro de familia onde consten os datos de nome, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso, así como os datos dos seus proxenitores.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

Co obxecto de garantir o anonimato das persoas que redacten os contos, tanto na presentación presencial como na electrónica cumpriranse as seguintes exixencias:
– Na cabeceira do conto indicarase exclusivamente o título do conto presentado e o pseudónimo.
– Neste texto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante e romper o anonimato.

lunes, 21 de diciembre de 2020

OEP 2020 PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR UNIVERSIDADE VIGO

 UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal docente e investigador para o ano 2020.


 Sistema de acceso libre.

Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios:

Categoría                                                                         Prazas

Profesor/a titular de universidade                                     32 

(5 delas corresponden á reserva do 15 % para persoal investigador doutor que finalizase o programa Ramón y Cajal ou outros programas de excelencia, nacionais ou internacionais, e dispoña da certificación I3)


Quenda de promoción interna.

En aplicación do disposto no artigo 62.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, inclúense na OEP para o ano 2020 as seguintes prazas polo procedemento de promoción interna:

Categoría                                                                         Prazas

Catedrático/a de universidade                                              32

OEP 2020 PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal de administración e servizos para o ano 2020.


Subgrupo/grupo                                      Escala/categoría      Promoción interna      Acceso libre

                                                        Oferta xeral taxa de reposición 

Persoal laboral

III                                           Técnico especialista de biblioteca          2                              1


                            Persoal laboral declarado indefinido non fixo por sentenza xudicial


III                                Técnico especialista de bioloxía                                                         1


Total prazas convocadas                                                                            2                           2



OEP DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PARA 2020

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 220/2020, do 3 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2020.


Clase                                                                        Total prazas ofertadas       Reserva discapacidade


Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública                        1


Inspector/a médico/a                                                              1


Licenciado/a en Ciencias Biolóxicas                                     1


Licenciado/a en Farmacia                                                      1


Licenciado/a en Medicina e Cirurxía                                     8                                                 1


Total prazas                                                                           12                                                1


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2020 DO PERSOAL SANITARIO FUNCIONARIO AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 219/2020, do 3 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2020 do persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma.

Clase                                                                      Total prazas ofertadas         Reserva discapacidade


Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública                         1

Inspector/a médico/a                                                               1

Licenciado/a en ciencias biolóxicas                                        1

Licenciado/a en farmacia                                                        1

Licenciado/a en medicina e cirurxía                                       8                                                       1

Total prazas                                                                          12                                                       1

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN COMO MEDIDA DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE A CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoal procedente doutros territorios.


Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios:

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da devandita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Belice, Brasil, Costa Rica, Curaçao, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Panamá, Paraguai, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana e San Martiño.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bangladesh, India, Irán, Iraq, Kazakstán, Kyrguistán, Líbano, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen, Vietnam e Xordania.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Albania, Alemaña, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán, Bélxica, Bosnia, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Holanda, Hungría, Italia, Xersei, Kosovo, Latvia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Malta, Moldavia, Montenegro, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido, Romanía, Rusia, San Mariño, Serbia, Suíza, Suecia, Ucraína, Xeorxia e Xibraltar.

e) Nos seguintes territorios de Oceanía: Guam e a Polinesia Francesa.

f) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Melilla, País Vasco e La Rioja.

Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 14 de diciembre de 2020

AXUDAS PARA MEDIDAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA EN MERCADOS DE TERCEIROS PAÍSES 2021

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 11 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2021 (codigo de procedemento MR440D).


Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2021.

Persoas beneficiarias
Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas en que máis do 50 % da súa facturación proveña do sector do viño ou cuxa produción supere os 1.000 hl, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.
b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo aos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
c) Organizacións interprofesionais definidas e recoñecidas no ámbito nacional de acordo cos artigos 157 e 158 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e recoñecidas por España segundo o disposto na Lei 38/1994, do 30 de decembro, reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias.
d) Organizacións profesionais: entenderase como organizacións profesionais aquelas que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño, que estean recoñecidas no ámbito nacional de acordo coa normativa vixente e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.
e) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.
f) As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño. Entenderanse como tales as agrupacións de viticultores e/ou produtores, persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades para os que se agruparon. Actuarán de conformidade co artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
g) Cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.
h) As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e remata o día 14 de xaneiro de 2021.

AXUDAS PARA A INSTALACIÓN, REFORMA E ADAPTACIÓN DAS TERRAZAS DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN E A ADQUISICIÓN DE ELEMENTOS DE ENVASADO E EMPAQUETADO PARA O SERVIZO DE CONSUMO A DOMICILIO

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar as seguintes actividades:
1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, sitas en espazos públicos ou privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo, carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:
a) desenvolveren a súa actividade en Galicia, polo menos nun centro de traballo, dentro do sector da hostalaría e restauración, nomeadamente, restaurantes, cafetarías, bares e salóns de banquetes, cumprindo os requisitos establecidos legalmente para exercer a dita actividade; 
b) tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empregaren menos de cincuenta (50) traballadores; 
c) estaren dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I das bases reguladoras.


Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.